Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 10 de abril de 2019 | Leída 45 veces
BALONCESTO

Compañía de María 53-38 CB Laracha Nova Facial

Partido correspondente a xornada 20 do campionato ligueiro no que as nosas senior se enfrontaban ao terceiro clasificado…

[Img #48241]

 

O partido comezaba cun laracha ordenado en ataque que conseguía xerar tiros fáciles baixo o aro pero que non lograba converter en canasta. Pola contra a insistente defensa do xogo interior deixaba tiros exteriores liberados as santiaguesas que non perdoaron anotando 21 puntos neste primeiro parcial por tan so 11 das nosas sostidas polo acerto desde a liña de tres.

 

Desde o comezo do segundo cuarto puido verse un laracha máis acertado en ataque e sólido en defensa logrando poñer en maiores dificuldades o tiro das locais e freando case por completo o seu xogo interior. O resultado ao descanso reflexaría un 36-21.

 

Sería no terceiro parcial cando se puido ver a reacción das visitantes chegando a porse a tan so 6 puntos no marcador pero axiña neste mesmo cuarto reaccionarian as de Santiago para elevar de novo a ventaxa impedindo ao laracha remontar nada máis que tres puntos. 43-31.

 

O laracha intentou ata o último minuto deste cuarto darlle a volta ao marcador con ataques máis rápido e con defensas máis arriesgadas na liña de pase pero non sería suficiente para remontar a ventaxa obtida polas santiaguesas no primeiro cuarto rematando o partido cun 53-38.

 

É de destacar o labor das xogadoras interiores que realizaron un exixente traballo tanto no rebote como á hora de defender as santiaguesas moi hábiles no xogo interior.

 

Anotación: Jessi Viña (4), Mili Rodríguez (2), Luci Diaz (11), Bibi Diaz (2), Lucía Graña (2), Ana Aldao, Renata Gonzalez (2), Irene Velo (15, 4 triples)

 

Parciais: 21-11,15-10, 7-10,10-7

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress