Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 9 de abril de 2019 | Leída 24 veces

DOA Saúde Mental proxecta mañá unha curtametraxe participativa realizada por persoas con problemas de saúde mental

A peza é o resultado dun obradoiro de vídeo participativo realizado no marco do Programa Más Social, promovido pola Fundación Barrié, no que as persoas usuarias foron as protagonistas de todo o proceso creativo, dende a concepción da idea ata a rodaxe e a interpretación. A proxección, que se realizará o martes 9 de abril ás 20:30 no Auditorio Municipal de Cangas dentro do ciclo de teatro CITEAMOR, será a preestrea dun lanzamento en redes que terá lugar o 16 de abril...

[Img #48237]Un grupo de persoas usuarias da asociación DOA Saúde Mental presentará hoxe, martes 9 de abril, a curtametraxe participativa “Se vende”. A proxección realizarase no marco do Ciclo de Teatro Amateur do Morrazo, CITEAMOR, despois da representación da obra teatral “Taxi Driver” que interpretará o grupo de teatro da asociación, Furafollas Teatro.

 

A curtametraxe “Se vende” é o resultado dun obradoiro de vídeo participativo realizado durante dous meses en DOA Saúde Mental, realizado no marco do Programa Más Social, promovido pola Fundación Barrié. Os participantes do taller, persoas con problemas de saúde mental, adquiriron as ferramentas e coñecementos necesarios para contar as súas historias a través do audiovisual, executando todo o proceso dende a concepción da idea ata a rodaxe e a interpretación.

 

O resultado desta experiencia foi unha curtametraxe de terror que conta a historia dun fotógrafo dunha axencia inmobiliaria, o cal ten a encarga de fotografar unha casa onde comezan a producirse sucesos estraños. Para a elaboración desta peza, os usuarios de DOA Saúde Mental exploraron a súa realidade, compartiron preocupacións e intereses e aprenderon a contar historias dende a súa perspectiva.

 

Mañá será a primeira vez que DOA Saúde Mental presente esta peza a un público externo á asociación. A proxección irá acompañada do lanzamento dun making off que explica como se fixo a curtametraxe e cales foron as impresións e as experiencias das persoas participantes. Pola súa banda, a estrea na Internet será o martes 16 de abril, día en que a peza será subida á canle de Youtube de DOA Saúde Mental.

 

Vídeo participativo: como dar voz ás persoas máis invisibilizadas

O vídeo participativo é unha metodoloxía de traballo que pretende promover a participación social e o empoderamento de persoas en risco de exclusión. No taller realizado no marco do Programa Más Social, promovido pola Fundación Barrié, os usuarios de DOA Saúde Mental mergulláronse na linguaxe audiovisual, aprenderon a construír un relato, a darlle forma de vídeo e a executar a súa propia peza.

 

Durante todo este proceso, os participantes convertéronse en axentes activos de comunicación, elaborado de forma autónoma os seus propios contidos e creando para iso un grupo de traballo onde todos tiñan algunha función. Unha vez rematada a formación, os usuarios adquiriron unha serie de coñecementos e ferramentas que lles permitirán seguir aplicando esta metodoloxía nas actividades e dinámicas da asociación.

 

DOA Saúde Mental

A asociación DOA Saúde Mental naceu en 1987 para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias, defender os seus dereitos e representar aos seus asociados. Conta con centros en Vigo e Cangas, traballando en torno a un modelo de atención de base comunitaria e xerando mecanismos de normalización. DOA Saúde Mental é unha entidade de acollida, apoio, autoaxuda, atención e representación das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, preocupada por proxectar interna e externamente un discurso normalizador sobre esta realidade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress