Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 9 de abril de 2019 | Leída 33 veces
PSOE

O PSdG-PSOE exixe ao Goberno local medidas que favorezan a mobilidade en Vilarrodís e Larín para garantir a seguridade dos nenos cando van a escola

No caso do núcleo de Pastoriza, é necesario “facilitar un camiño seguro ao colexio”. “O Goberno local debe exercer presión sobre a Xunta para que os veciños poidan cruzar á AC-552 á altura da parada de bus de Casas Novas”...

O grupo municipal socialista exixe ao Goberno local medidas de seguridade viaria en senllos puntos de Vilarrodís e Larín dado o perigo que supón para a veciñanza en xeral, e para os rapaces cando van a escola en particular.

 

No caso do núcleo de Pastoriza, o problema dáse sobre todo en horario de entrada e saída do colexio posto que non hai beirarrúas. A solución pasa por actuar urbanisticamente cun plan parcial posto que non se está a desenvolver o plan xeral, pero, “temporalmente habería que actuar para garantir a seguridade dos viandantes e moito máis se son persoas con mobilidade restrinxida”.

 

O voceiro socialista, Martín Seco, presentará un rogo no próximo pleno para exixir ao Goberno local “que poña en marcha iniciativas no territorio, ou Policía Local, para facilitar un camiño seguro ao colexio, e se pode ser con medios físicos que favorezan a circulación de viandantes todo o día, mellor”.

 

Parada de bus en Larín

“Ao longo da AC-552 polo noso concello, existen moitos puntos de preocupación dos viandantes que teñen que coller o bus, moito máis se os afectados son menor que usan o bus escolar ou persoas maiores con problemas de mobilidade”, subliña Seco. Unha situación que se repite en puntos como Candame, Lañas ou Larín, sen que a Xunta lle dea unha solución.

 

Neste último caso, a veciñanza reclama “algunha fórmula para poder cruzar con seguridade e poder ir a parada de bus de Casas Novas, que se atopa un punto onde os coches pasan a 90 km/h e moitas veces, a maior velocidade”. Unha situación grave de por si, que aínda é peor en horario escolar, xa que “os nenos pequenos teñen que cruzar á parada para subirse ao bus escolar.

 

Ante esta situación, o grupo municipal socialista preguntará no pleno polas reclamacións que o Concello fixo a Xunta, en caso de telas feito. Que solución expón o Goberno local? E, que di a Xunta desta problemática?

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress