Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 9 de abril de 2019 | Leída 35 veces

Avanzan as obras de construción do viveiro de empresas municipal

Está a ser creado no polígono industrial da Laracha, na marxe esquerda do acceso principal. O alcalde e os concelleiros de Obras Públicas e de Promoción Económica visitaron hoxe as obras. Nesta infraestrutura ofreceranse as condicións e servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación de empresas de novo nacemento...

[Img #48236]O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, o edil responsable da área de Obras Públicas, Jesús Souto, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, realizaron onte unha visita ao lugar no que se está a construír o viveiro de empresas municipal, no ámbito do polígono industrial.

 

Na fase actual das obras, que avanzan a bo ritmo de actuación, estase construíndo a estrutura do edificio e realizándose as divisións das salas interiores, polo que xa poden comezar a apreciarse como serán os diferentes ámbitos do novo inmoble.

 

O viveiro de empresas está a ser creado nun emprazamento privilexiado como é a marxe esquerda do acceso principal ao parque empresarial, nunha parcela de titularidade municipal. A súa superficie construída ascenderá a 613,55 metros cadrados, nos que serán habilitados catro despachos e catro salas para actividade industrial, ademais de servizos xerais como un vestíbulo recepción, aseos, vestiarios, sala de reunións, aula polivalente e dous patios interiores abertos. O inmoble estará estruturado en dúas zonas e cada unha delas poderá empregarse de xeito independente.

 

O proxecto está valorado en 395.000 euros e é cofinanciado entre o Concello da Laracha e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

 

O viveiro de empresas do Concello da Laracha conformará un espazo físico para favorecer o nacemento de novas sociedades de carácter industrial, ofrecéndolles aos emprendedores as condicións e servizos precisos, por un tempo limitado, para a implantación inicial e a consolidación. Deste xeito o Concello apoiará as iniciativas empresariais que contribúan á dinamización industrial, á promoción económica e á creación de emprego no municipio.

 

Con esta nova infraestrutura o Concello da Laracha pretende dar aos emprendedores o impulso definitivo para que se decidan a levar a cabo os seus proxectos, permitíndolles dispoñer dun espazo empresarial integrado no ámbito dun dos polígonos industriais con maior potencial de desenvolvemento no norte de Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress