Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 9 de abril de 2019 | Leída 31 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña promociona o turismo natural na Feira de Ecoturismo Doñana Natural Life

A área de Turismo difunde o proxecto de Xeoparque de Ortegal e a Reserva da Biosfera das Mariñas e o Mandeo...

[Img #48235]

O proxecto de Xeoparque de Ortegal foi o protagonista da presenza da área de Turismo da Deputación da Coruña na Feira de Ecoturismo Doñana Natural Life. Canda esta iniciativa, promocionouse a Reserva da Biosfera das Mariñas e o Mandeo nun encontro de referencia do turismo ecolóxico.

 

Despois de ser promocionado en feiras como Fitur ou B-Travel de Barcelona, o proxecto de Xeoparque de Ortegal chegou esta fin de semana ao parque de Doñana onde se desenvolveu a Feira de Ecoturismo Doñana Natural Life. Neste foro, a área de Turismo da Deputación da Coruña, que dirixe Xosé Regueira, aprofeitou para afondar nas conexións externas que afortalan a difusión e consolidación do proxecto de Xeoparque de Ortegal.

 

A Feira Doñana Natural Life converteuse desde hai dous anos no punto de encontro dos destinos e profesionais vinculados ao turismo de natureza. Na aldea de El Rocío, en pleno corazón do Parque Nacional de Doñana, este espazo expositivo constitúe o escenario onde se desenvolven conferencias para debater os retos do ecoturismo e xornadas de networking para expansión de novos proxectos. A feira aspira a situarse entre os grandes eventos internacionais do subsector asociado a este turista de natureza.

 

A edición deste ano coincidiu co 50 aniversario do Parque, e a Deputación da Coruña aproveitou para dar a coñecer a oferta de turismo de natureza desde o proxecto de Xeoparque de Ortegal á Reserva da Biosfera de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

 

Na feira difundiuse tamén o novo material promocional do proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal no que se destaca a riqueza do patrimonio xeolóxico do territorio en que conflúe o Atlántico co Cantábrico e do que participan os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño.

 

A declaración de Xeoparque Mundial, que outorga a Unesco, ten como obxectivo a conservación e divulgación de territorios que posúen un patrimonio xeolóxico singular e unha gran riqueza etnográfica, ecolóxica e cultural que pretenden poñer en valor para lograr un desenvolvemento local integral. No caso do Cabo Ortegal, son 580 km2, que se difunden na información impresa a través de catro rutas para coñecer o seu patrimonio xeolóxico, unha a que vai pola costa Ártabra desde a punta Frouxeira á falla de Valdoviño, outra que atravesa o interior de Ortegal desde as canteiras de Anfibol ás minas de Piquito e a Barqueira, a terceira de Cedeira a Cariño aos pés da Serra da Capelada e, finalmente, unha cuarta que sae da Costa de Ortigueira e Loiba en dirección a Estaca de Bares.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress