Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 9 de abril de 2019 | Leída 28 veces
CAMBRE

Cambre comeza a campaña para reducir o impacto medioambiental da vespa velutina

O Servizo de Protección Civil colocará centos de trampas nas zonas urbanas co fin de evitar a proliferación deste insecto. A concelleira de Seguridade Cidadá, María Vázquez, lembra que o ano pasado a campaña capturou máis de 700 vespas raíñas e este ano espera aumentar o número…

[Img #48233]

 

O Concello de Cambre comezou a campaña “Obxectivo Capturar Raíñas” que trata de capturar ao maior número de raiñas posibles mediante a colocación de trampas por todo ou municipio. O Servizo de Protección Civil colocará centos de trampas nas zonas urbanas co fin de evitar a proliferación deste insecto.

 

Asemade, lanzou un díptico para que os veciños e veciñas coloquen as súas trampas caseiras nas súas propiedades. Desde o mes de  maio ata  setembro  poden colocar este tipo de  aparellos,  sempre acompañados  dun adulto, para capturar  as  vespas  raíñas, que son  as responsables de  facer o niño e de  poñer os  ovos.

 

Segundo Manuel Varela, responsable de Protección Civil de Cambre, “canto maior captura de raíñas neste período menor cantidade de vespas haberá e por conseguinte menor incidencia deste insecto invasor en época estival”.

 

No díptico explícase o proceso de elaboración dunha trampa caseira.  Neste  senso, #podar  facer  unha trampa  cunha simple botella de plástico e depositar non  seu interior un  atrayente  caseiro composto  cunha culler de zume de arandos,  vinagre e  vermuth vermello  ou  cervexa negra.

 

A concelleira de Seguridade Cidadá, María Vázquez, lembra que o ano pasado a campaña capturou  máis de 700  vespas  raíñas e este ano espera aumentar o número. Agradece a colaboración dos veciños/as e das entidades veciñais que participan nesta campaña preventiva.

 

No caso de ter algunha dúbida ao respecto das trampas e da súa colocación os interesados poden chamar ao teléfono de Protección Civil 981 675 589.

 

[Img #48234]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress