Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 7 de abril de 2019 | Leída 81 veces
PSOE

O PSdG-PSOE de Arteixo preguntará no pleno pola situación do PXOM

Os socialistas lembran que na próxima sesión se debaterá unha novo cambio nas normas urbanísticas, que se suma á veintena de modificacións que leva feito o Goberno local desde que o PP chegou á Alcaldía...

O PSdG-PSOE de Arteixo preguntará no próximo pleno pola situación para contratar unha empresa que redacte o plan xeral. Os socialistas explican que os grupos da corporación debaterán un novo cambio nas normas urbanísticas, neste caso do polígono de Sabón. Unha modificación que se suma á veintena que leva feito o Goberno local desde 2011, cando o PP chegou á Alcaldía.

 

“En marzo de 2015, e despois da iniciativa do grupos da oposición, o peno decidiu resolver o contrato que tiña o Concello para a redacción do novo PXOM, levamos anos escoitando por parte do Goberno local que se resolverá o contrato en breve e sacaría un novo prego de condicións para unha nova licitación, pero seguimos igual”, expón Martín Seco, voceiro socialista.

 

Todas estas modificacións, estudos de detalle, unidades de actuación, plans parciais... Deberían estar planificadas dunha maneira global, buscando o beneficio xeral dos veciños e dando respostas as súas necesidades nun plan urbanístico.

 

Por iso, o grupo socialista quere que no próximo pleno, o Goberno local explique cal é a situación do contrato que se decidiu resolver en marzo de 2015, como está a redacción do prego de condicións para licitar de novo a redacción do PXOM, xa que hai un ano que o concelleiro de Urbanismo dixo que se redactaría e cal é o motivo de preferir actuar só onde o Goberno local quere, en vez de redactar un novo plan para toda a veciñanza.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress