Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 7 de abril de 2019 | Leída 37 veces

O Concello acollerá un novo programa de voluntariado xuvenil

O proxecto A Laracha ampliando horizontes con mozos europeos dará a oportunidade a dous voluntarios de vivir unha experiencia laboral no municipio. Cooperarán no deseño, organización e desenvolvemento de iniciativas de interese xeral. A veciñanza da Laracha beneficiarase da súa presenza avanzando cara o coñecemento doutras culturas, costumes e idiomas...

[Img #48222]

 

O Concello da Laracha acollerá ao longo deste ano una nova iniciativa de voluntariado xuvenil no marco do programa “Corpo Europeo de Solidariedade”, impulsado pola Unión Europea co propósito de crear oportunidades para que a mocidade coopere en plans que beneficien a comunidades e cidadáns de todo o continente.

 

O proxecto deseñado polo Concello titúlase A Laracha ampliando horizontes con mozos europeos. Dará a oportunidade a dous voluntarios procedentes doutros países de Europa de vivir unha experiencia laboral no termo municipal da Laracha –fóra do seu entorno- e cooperar no deseño, organización e desenvolvemento de actividades municipais relacionadas coa cultura, o deporte, a conservación do medio ambiente, a saúde, a educación, a formación, a inclusión social e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, entre outras temáticas.

 

Á hora da selección dos candidatos terán prioridade os mozos de entre 18 e 30 anos de idade con estudos completos finalizados e con coñecemos do idioma castelán para facilitar a súa integración.

 

Para o Concello da Laracha trátase dunha iniciativa interesante dado que a presenza destes voluntarios permitirá ter unha nova perspectiva e ideas renovadas á hora de programar iniciativas municipais. Ademais, posibilitará que os veciños que participen nelas poidan avanzar cara o coñecemento doutras culturas, costumes e tamén de idiomas.

 

O proxecto A Laracha ampliando horizontes con mozos europeos desenvolverase coa colaboración do Instituto de la Juventud (Injuve) e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Será financiado integramente con fondos do programa Erasmus+.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress