Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 7 de abril de 2019 | Leída 36 veces
A LARACHA

O Concello da Laracha celebra o mes do libro con eventos nas bibliotecas municipais en abril

Haberá actividades nas bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión. O obxectivo é fomentar a lectura, especialmente entre os nenos...

[Img #48221]

 

O 23 de abril celébrase en todo o mundo Día Internacional do Libro, sendo unha data programada co obxectivo de fomentar a lectura, especialmente entre os nenos. É tamén por ese motivo que abril é considerado como o Mes do Libro.

 

O Concello da Laracha, tal e como é habitual cada ano nesta destas, levará a cabo un amplo programa municipal de propostas para conmemorar o Mes do Libro con sesións de contacontos teatralizadas e dirixidas ao público infantil. Realizarase en abril nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.

 

Todos os eventos van dirixidos a nenos maiores de tres anos de idade e realizaranse a partir das 18:00 horas nas seguintes datas e localizacións:

 

  • Venres 12: Unha praia particular, de Trinketrinke Teatro. Biblioteca municipal da Laracha.
  • Luns 22: O xornal de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro. Biblioteca municipal de Paiosaco.
  • Mércores 24: O xornal de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro. Biblioteca municipal de Caión.
  • Venres 26: A cabaza encantada, de Teatro Calavera. Biblioteca municipal da Laracha.
  • Martes 30: Lobo Bobo, de Elefante Elegante. Biblioteca municipal de Paiosaco.

 

A participación en calquera destes eventos e actividades é gratuíta e non require inscrición previa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress