Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 6 de abril de 2019 | Leída 17 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña avanza na eliminación de barreiras co programa "Di Coruña Accesible"

Análise, detección de problemas, formación, sensibilización e propostas de solucións compoñen a iniciativa da Área de Igualdade que conclúe despois de catorce meses e sitúa á Deputación á cabeza na accesibilidade...

[Img #48218]

 

A área de Servizos Sociais e Igualdade da Deputación da Coruña que dirixe a deputada Ánxela Franco, presentou as conclusións do programa "Di Coruña Accesible" e as medidas que tomará de cara á eliminación de barreiras. "Trátase dun importantísimo paso adiante na accesibilidade universal desde unha institución", defende Ánxela Franco que sitúa á Deputación da Coruña como institución pioneira en accesibilidade.

 

Despois de un ano e dous meses de traballo, a área de Servizos Sociais e Igualdade presentou as conclusións do programa "Di Coruña Accesible" ademais do conxunto de medidas a adoptar de cara á eliminación de barreiras na institución. O proxecto foi desenvolvido por  Combina Social SLU, empresa participada na súa totalidade por Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), entidade que ten como obxectivo fundamental a inserción laboral de persoas con discapacidade. No acto de presentación das conclusións, ademais da deputada Ánxela Franco, participaron da técnica de Servizos Sociais, Paula Filgueira e Álvaro García e Belén Vaz de Cogami.

 

"O programa conseguiu involucrar ao persoal no proceso de lograr a accesibilidade total e supón un cambio de rumbo xa que conseguimos ter as ferramentas para lograr o obxectivo de eliminar as barreiras de forma total, e deseñar unha folla de ruta que sitúa á Deputación da Coruña na cabeza das institucións accesíbeis", sinalou a deputada Ánxela Franco que defendeu a súa aposta por materializar as medidas que se inclúen nas conclusións do programa.

 

O programa de fomento da accesibilidade deseñouse de maneira global, implicando todas as áreas e actuacións da Deputación da Coruña e referiuse tamén a todos os tipos de accesibilidade, física, psíquico-cognitiva e sensorial para detectar as necesidades e tomar as medidas precisas. A iniciativa creou unha páxina web na que pon a disposición de institucións e entidades guías para acadar a accesibilidade universal e a normativa que rexe o tema.

 

Entre as pautas de intervención e as propostas que se apuntan no programa están a dotación dunha partida de investimentos para eliminación de barreiras , implementación nas licitacións de medidas de accesibilidade, creación de materiais, fomento de banco de axudas técnicas, programas de formación específica para persoal de concellos, fomentar a elaboración de regulacións en materia de accesibilidade, elaboración dun protocolo de trato ás persoas con discapacidade ou fomentar e financiar plans de mobilidade urbana municipais.

 

O proxecto desenvolveuse en distintas fases que incluíron un estudo de accesibilidade, informe DAFO e reunión cos servizos implicados como Arquitectura, Patrimonio e Contratación, Prevención de Riscos Laborais ou Servizos Sociais. Realizouse tamén un proceso participativo con actividades de sensibilización ademais da proposta de pautas de intervención nas diferentes áreas da institución.

 

Neste sentido, elaboráronse auditorías de dezaoito edificios da Deputación da Coruña, desde o propio Pazo Provincial até a Biblioteca pasando pola imprenta, o Pazo de Mariñán, os centros educativos ou mesmo as oficinas recadatorias até completar a totalidade de edificios institucionais.

 

A través das auditorías detectáronse as faltas de accesibilidade aínda existentes arredor das que se afondou nas sesións de participación e sensibilización e nas xornadas formativas encamiñadas a concienciar e contribuír á eliminación de barreiras.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress