Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 5 de abril de 2019 | Leída 15 veces
A LARACHA

Idiota abre a primavera teatral de Paiosaco

A cargo de Redrum Teatro. A función será mañá venres ás 21:00 horas no centro sociocultural de Paiosaco. Entrada libre e gratuíta...

[Img #48211]

 

A “Primavera Teatral” de Paiosaco ábrese mañá venres co primeiro dos tres espectáculos que o Concello da Laracha oferta de xeito gratuíto á súa veciñanza.

 

O ciclo iníciase con Idiota, de Redrum Teatro. Trátase dunha comedia negra na que a personaxe interpretada polo actor Machi Salgado acepta, a cambio de diñeiro, someterse a unha serie de probas psicolóxicas que lle fará unha doutora á que dará vida a actriz Susana Sampedro. Alex Sampayo dirixe o espectáculo, baseado na obra orixinal do dramaturgo Jordi Casanovas cun texto cheo de dilemas morais e cargado de presión psicolóxica.

 

A función será mañá venres a partir das 21:00 horas no auditorio do centro sociocultural de Paiosaco, con entrada libre e gratuíta.

 

Os outros dous espectáculos da Primavera Teatral serán Un fiambre, unha rosca e un cancán, da Asociación Cultural Faiscas (12 de abril) e Rodríguez, o loro de Picadillo, de Melandrainas Teatro (26 de abril).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress