Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 5 de abril de 2019 | Leída 40 veces

José Ramón Martínez impartiu unha charla sobre a avespa velutina no CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco

Asistiron alumnos de 1º a 6º de primaria. Explicou como facer unha trampa caseira, coa que no propio centro foron capturadas 23 raíñas. O Concello da Laracha cede trampas caseiras e líquido atraínte de xeito gratuíto á veciñanza...

[Img #48210]O tenente alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito, impartiu unha charla sobre a avespa velutina nas instalacións do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco á que asistiron todos os alumnos desde 1º a 6º de educación primaria.

 

Durante o encontro, ademais de explicar como foi a chegada e expansión da avespa asiática no norte de España, falouse da importancia de actuar no inicio da primavera para capturar as raíñas, xa que é a época na que comezan a formar os niños primarios nos que poden criarse ata tres mil nespras.

 

Por iso, José Ramón Martínez explicou como pode elaborarse unha trampa caseira empregando unicamente unha botella de plástico, á que se lle fan dous buratos e se incorporará un líquido atraínte para, posteriormente, colocala preferentemente nas árbores que comezan a florecer (de froita, camelias, etc.).

 

Nas últimas semanas o Concello da Laracha distribuíu cen trampas comerciais e outras duascentas caseiras entre a veciñanza que as solicitou acudindo á Casa Consistorial. Tamén foron colocadas polo Concello este tipo de trampas por todo o termo municipal para elaborar unha mostraxe das zonas nas que a avespa velutina ten maior incidencia. O seguimento será realizado pola Asociación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha.

 

Precisamente un deses recipientes elaborados de forma caseira foi colocado nunha árbore do propio CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e capturáronse 23 raíñas de avespas asiáticas, que foron expostas para que os alumnos puidesen ver como é esta especie invasora e en que se diferenza das nespras autóctonas.

 

Por último, Martínez Barbeito lembrou aos rapaces que, no caso de detectarse un niño, debe comunicarse á Xunta de Galicia chamando ao 012 para proceder á súa eliminación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress