Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 5 de abril de 2019 | Leída 41 veces

O Concello renova o peche exterior do CEIP de Caión

No sector que bordea o parque infantil e a pista polideportiva. As actuacións son financiadas con fondos municipais e supoñen un investimento de 15.000 euros...

[Img #48208]O Concello da Laracha está completando os traballos de renovación do muro exterior do recinto do CEIP de Caión. As obras desenvólvense despois da reunión mantida recentemente nas propias instalacións do centro entre o alcalde, José Manuel López Varela, o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, o delegado territorial de Educación, Indalecio Cabana, e o director do colexio.

 

Deste xeito estase a dar continuidade aos traballos acometidos no curso pasado pola Consellería de Educación noutro tramo do muro, onde foi eliminado o peche antigo e substituído por un novo con postes de formigón nunha actuación idéntica á que se está a desenvolver agora. Neste caso as obras afectan ao sector de 62 metros do peche perimetral que protexe tanto a pista polideportiva como o parque infantil.

 

Ademais, contémplase a substitución dos tres portalóns exteriores e tamén da malla metálica na parte norte da pista polideportiva, onde serán instalados novos apoios e unha rede nova.

 

Nestas actuacións o Concello da Laracha investirá 15.000 euros con fondos propios municipais.

 

[Img #48209]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress