Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 5 de abril de 2019 | Leída 13 veces
ARTEIXO

Axenda cultural de Arteixo

O Prim-Art (Primavera das Artes) continúa este venres 5 de abril con dous espectáculos que se inclúen na XX Mostra de Teatro Afeccionado...

[Img #48204]No Auditorio de Meicende ás 20:00 h, o alumnado da Aula de Teatro Infantil Municipal demostrará o seu talento sobre as táboas con “Érase unha vez ...” unha breve peza coa que pretender render a súa particular homenaxe ao Teatro e que fala das emocións e dos contos. A continuación os espectadores poderán desfrutar da maxia que teñen as palabras e os libros con “De Tin Marín” da man de Soledad Felloza, actriz, dramaturga e narradora. Esta actividade pertence ao Festival de Narración Oral “Falando a Boca Chea” e está destinado a público familiar.

 

Ás 20:45 no Auditorio de Arteixo teremos “A costureira das ánimas” da Escola Municipal de Teatro de Abegondo e a Asociación Cultural Barballocas. Unha comedia costumista para público maior de 12 anos onde se recollen feitos históricos e lendas propias do Concello de Abegondo, baseada na novela de Ana Prado.

 

Para poder asistir aos espectáculos citados deberase recoller invitación 1 h antes das funcións.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress