Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 5 de abril de 2019 | Leída 24 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña destina 3 millóns de euros para impulsar 500 contratacións nos concellos coruñeses en 2019

O BOP publicou onte as asignacións do programa, destinado aos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes. O PEL-Concellos, creou 1.000 empregos entre 2017 e 2018, permitirá que outras 500 persoas atopen un emprego no seu concello este ano. As contratacións primarán a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, mulleres, parados de longa duración, persoas cun grao de discapacidade recoñecido ou en risco de exclusión social...

[Img #48203]

 

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), destina durante 2019 un orzamento de 3 millóns de euros para apoiar aos  concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

 

O organismo provincial publicou onte no Boletín Oficial da Provincia as asignacións económicas que correponden a cada concello, que oscilan entre os 19.000 e os 52.000 euros, en función do número de parados rexistrados en cada municipio.  A totalidade dos concellos coruñeses que optaban a estas axudas obtiveron as subvencións, agás Rois, por non ter aprobada e presentada ante os órganos de control externo a última conta xeral do municipio.

 

Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, a Deputación manterá en 2019 a súa aposta polo emprego como a principal prioridade e o eixo transversal de todas as súas  políticas. Neste sentido, Formoso lembrou que a liña de apoio aos concellos do PEL, que nos exercicios 2017 e 2018 permitiu a creación de 921 postos de traballo nos concellos coruñeses, aspira a crear este ano arredor de 500 novos empregos, priorizando a inserción laboral das persoas con maiores dificultades.

 

Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2019, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos.

 

Os operarios, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento de alcantarillado e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais.

 

Destinado a persoas con dificultades de inserción laboral

A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

 

Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

 

Apoio a pemes, autónomos, emprendedores e ao rural

O PEL-Concellos é  unha das tres liñas principais de actuación que inclúe o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. O programa contempla un investimento global de 30 millóns no período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado, así como apoiar as iniciativas emprendedoras nacidas na provincia.

 

Ademáis deste programa de apoio aos concellos para a xeración de emprego, a institución provincial ten activas as liñas PEL-PEMES, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia o 75% dos custes salariais da contratación de novo persoal e PEL- Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial para empresas de recente creación, promoción dos viveiros de empresas e espazos de coworking.

 

Por outra banda, no pleno do mes de marzo aprobouse unha liña do Plan de Emprego Local, o  PEL-Emprego Sostible no Eido Rural, dotado con 5.315.739 euros dedicada a impulsar a formación e a creación de emprego nos municipios rurais da provincia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress