Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 4 de abril de 2019 | Leída 37 veces

Ethel Vázquez avanza que a Xunta solicitará a vindeira semana na Comisión Europea fondos comunitarios para financiar o acceso ferroviario a Langosteira co fin de completar a operatividade do Porto Exterior

Vázquez Mourelle apremia ao Goberno central para que asegure o financiamento e axilice a licitación desta actuación estratéxica, xa que este porto é un gran centro loxístico, económico e empresarial que non se pode concibir sen ferrocarril. A Xunta e a Autoridade Portuaria coincidiron onte na preocupación ante a falta de avances e as dúbidas que o actual Goberno español está a xerar sobre o financiamento destas obras, que fora comprometido no acordo asinado. Cómpre lembrar que o Ministerio de Fomento, Portos do Estado, a Xunta e a Autoridade Portuaria firmaron hai un ano un protocolo para o desenvolvemento dos terreos portuarios e a conexión ferroviaria...

[Img #48200]A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo un encontro de traballo co presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, na que avanzou que a vindeira semana solicitará na Comisión Europea os fondos necesarios para o acceso ferroviario a Langosteira co fin de completar a operatividade do Porto Exterior.

 

Vázquez Mourelle apremiou ao Goberno central para que asegure o financiamento e axilice a licitación desta actuación estratéxica, xa que este porto é un gran centro loxístico, económico e empresarial que non se pode concibir sen ferrocarril.

 

A Xunta e a Autoridade Portuaria coincidiron onte na preocupación ante a falta de avances e as dúbidas que o actual Goberno español está a xerar sobre o financiamento do acceso ferroviario ao porto exterior de Langosteira.

 

Cómpre recordar que hai un ano, Fomento, Portos do Estado, Xunta e Autoridade Portuaria asinaron un protocolo para o desenvolvemento dos terreos portuarios e a conexión ferroviaria do porto exterior. Este acordo contemplaba o compromiso da execución da obra con fondos alleos á Autoridade Portuaria.

 

A conselleira fixo fincapé na importancia estratéxica do Porto da Coruña e tamén nas oportunidades que se abren coa inclusión do noroeste peninsular no Corredor Atlántico. Neste sentido, indicou que é fundamental aproveitar ao máximo as potencialidades desta infraestrutura como nó loxístico e industrial para elevar a competitividade de Galicia.

 

Reiterou a solicitude da Xunta ao Ministerio de Fomento para que se poña a traballar sen demora na redacción de proxectos de calidade que permitan traer os fondos europeos necesarios para mellorar a rede de ferrocarril de mercadorías.

 

Apuntou que o Goberno galego lle vén exixindo ao ministerio que presente os mellores proxectos ante Europa para impulsar unha rede ferroviaria no noroeste peninsular altamente competitiva, que faga de Galicia un territorio punteiro no eido do transporte e da loxística.

 

Conexión Vigo- Porto e saída sur

Por outra parte, na próxima reunión con representantes da Comisión Europea, a conselleira tamén trasladará a necesidade de optimizar a conexión ferroviaria a través da saída sur de Vigo, así como a aposta por iniciativas para a mellora da liña entre Vigo e Porto.

 

A Xunta vén defendendo a saída sur de Vigo para dar mellor conexión ferroviaria a todo o Eixe Atlántico con Ourense e o resto de España e tamén con Portugal, posto que sigue constituíndo unha conexión ferroviaria fundamental.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress