Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 4 de abril de 2019 | Leída 63 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña completa o reparto de 18.000 libros nos concellos polo Día do Libro

O día 23 de abril agasallaranse os volumes en actos en vilas e nas tres cidades...

[Img #48198]

 

Bibliotecas, mercados, centros de saúde ou escolas son algúns dos espazos escollidos polos concellos para organizar os actos en que se repartirán volumes do programa "Libros para sermos libres" da Deputación da Coruña como agasallo para conmemorar o Día do Libro. Complétanse con estes 6.000 volumes os 18.0000 que compoñen a iniciativa que, en tres anos, se desenvolveu na totalidade de concellos da Coruña.

 

"Queremos conmemorar o Día do Libro da man dos concellos, facendo un reparto de volumes que forman parte do fondo da Deputación da Coruña e que, desta maneira, chegan a lectoras e lectores de maneira directa nun día de festa", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín Rei.

 

Nesta nova edición do programa, que xa se desenvolveu nos dous anos anteriores, completaranse a totalidade dos concellos da Coruña e un total de 18.000 volumes, máis do previsto no inicio. O vindeiro 23 de abril, día en que se conmemora o Día do Libro, serán 29 os concellos en que se repartirán libros en distintas fórmulas nesta terceira conmemoración do programa en que se inclúen tamén as tres cidades, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.

 

Nunha xuntanza que tivo lugar esta mesma mañá na Deputación da Coruña, realizouse unha posta en común da iniciativa nunha convocatoria en que asistiu persoal técnico e político das áreas de cultura municipal. Neste sentido, os concellos optaron, maiormente, por organizar actos de reparto en espazos públicos moi visitados que van desde centros de saúde a mercados mais, fundamentalmente, escolleron as bibliotecas municipais para conmemorar a data.

 

Libros de poesía, teatro, narrativa, ensaio e investigación compoñen o fondo que a Deputación da Coruña saca do seu fondo para difundilo a través deste programa que inclúe, de maneira especial, algúns dos títulos premiados nas distintas convocatorias de premios da institución, dos Torrente Ballester de narrativa ao González Garcés de Poesía pasando polo Dieste de Teatro, o Castelao de Banda Deseñada ou o Manuel Murguía de ensaio.

 

"Son libros que xa estaban no fondo e que se reparten de forma gratuíta, con actividades que organizan os propios concellos arredor dos libros da Deputación da Coruña nunha iniciativa da que temos moi boas experiencias nas anteriores edicións", sinala Goretti Sanmartín.

 

Aranga, Ares, A Baña, Bergondo, Cabanas, Carballo, Carral, Cedeira, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Dodro, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Frades, Malpica, Mesía, Noia, Ordes, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, San Sadurniño, Santiago, As Somozas, Tordoia, Vedra e Vilarmaior son os concellos que acollen esta terceira edición de "Libros para sermos libres" coa que a Deputación da Coruña completa  a totalidade de municipios do seu territorio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress