Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 2 de abril de 2019 | Leída 22 veces

51 Persoas participan na excursión a Ávila e Segovia que organiza o concello da Laracha

Desde onte e ata o venres. Dirixida a persoas maiores, xubiladas ou pensionistas. O Concello subvenciona integramente o prezo do transporte en autobús...

[Img #48179]

 

Cincuenta e un laracheses está a participar desde onte na excursión a Ávila e Segovia que organiza o Concello da Laracha para persoas maiores, xubiladas ou pensionistas. Xunto a eles tamén viaxan o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.

 

O autobús partiu esta mañá desde A Laracha. O primeiro punto de destino foi Segovia, onde se realizau unha visita guiada pola cidade e cunha ampla parada no acueducto.

 

Mañá visitarán Ávila, onde asistirán a unha festa de baile e animación. O mércores  coñecerán as localidades de Pedraza, Sepúlveda e o Palacio da Granja de San Ildefonso. O xoves irán ao Alcázar de Segovia e ao Palacio Real de Riofrío. O último día, antes de emprender o camiño de regreso, realizarase unha saída cultural á Fábrica de Cristales de La Granja.

 

Cada participante aboou 245 euros en concepto de aloxamento en réxime de pensió completa. O Concello da Laracha subvencionará integramente o custe do transporte en autobús.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress