Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 30 de marzo de 2019 | Leída 25 veces

O Concello destinará 121.500 euros ás entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais

O anuncio da convocatoria das subvencións municipais foi publicado onte no BOP. Ábrese un prazo de 30 días naturais para presentar as solicitudes. Deste xeito o Concello da Laracha apoia economicamente o asociacionismo e aos deportistas máis destacados...

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publicou onte o anuncio da convocatoria das subvencións municipais do Concello da Laracha dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais para o fomento da organización e realización de actividades ou actos considerados de interese xeral para a poboación do Concello a Laracha ao longo de 2019.

 

Na convocatoria deste ano o Concello da Laracha destinará 121.500 euros a esta liña de axudas económicas. Deste xeito o goberno municipal mantén o seu firme compromiso co apoio económico ao asociacionismo e tamén aos deportistas máis destacados a nivel individual.

 

Os catro apartados de actuacións subvencionables que se recollen na convocatoria corresponden a

  • Promoción de actividades educativas: actuacións culturais ou deportivas a realizar nos centros educativos públicos da Laracha, ben polas Asociacións de Alumnos ou de Pais ou mesmo polos propios centros educativos.
  • Promoción de actividades culturais: entendendo por elas calquera acción referida á conservación, promoción e divulgación dos valores culturais.
  • Promoción de actividades deportivas: neste apartado inclúense as escolas deportivas, cursos, competicións, campus e todas as actividades relacionadas co fomento do deporte en xeral.
  • Deportistas individuais: a través desta achega económica, o Concello da Laracha pretende apoiar aos seus deportistas máis importantes cunha subvención para sufragar os gastos das viaxes ou da adquisición e o mantemento do seu material deportivo. Á hora da concesión da subvención, valoraranse os éxitos persoais de cada deportista nas competicións en diferentes ámbitos xeográficos.

 

O prazo de 30 días naturais para presentar as solicitudes de participación nesta convocatoria de subvencións municipais comezará mañá sábado.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress