Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 29 de marzo de 2019 | Leída 16 veces

A Xunta licitará as obras de electrificación do parque empresarial de Morás, en Arteixo

Xestur destinará máis de 1,14 millóns de euros ás obras. Paralelamente, tamén se adxudicou o control de calidade da obra de conexións exteriores do parque. Compre recordar que a comezos deste mes se adxudicaron as obras de explanación de seis plataformas o seu control de calidade, por máis de 1.68 millóns de euros...

A empresa pública Xestur Galicia licitará as obras de electrificación do parque empresarial de Morás, no Concello de Arteixo; despois de que o Consello de Administración autorizara a contratación de ditas obras.

 

A licitación realizarase por un importe de 1.146.678,95 euros e o prazo de execución fixado no contrato de licitación é de tres meses.

 

Por outra parte, o Consello de Administración de Xestur tamén adxudicou o contrato para o control de calidade das conexións exteriores do parque empresarial. O contrato foi adxudicado á empresa CYE- Control y Estudios S.L. por importe de 14.157,80 euros.

 

Cómpre recordar que a comezos de marzo, Xestur tamén adxudicou as obras de explanación de seis plataformas no parque empresarial de Morás, así como o control de calidade de dita obra, por un importe total de máis de 1,68 millóns de euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress