Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 29 de marzo de 2019 | Leída 27 veces

O Pleno aproba por unanimidade a elección da xuíza de paz titular e a ampliación da zona azul gratuíta

Na sesión ordinaria celebrada onte. Tamén foi aprobada a revisión dos prezos do tratamento integral da auga para adaptalas ao incremento do 1% do IPC. O luns ás 9:00 horas celebrarase a sesión extraordinaria na que se sortearán as mesas das eleccións ao Congreso e o Senado do 28 de abril...

[Img #48088]

 

Onte celebrouse o Pleno correspondente ao mes de marzo, na que será a última sesión ordinaria da actual lexislatura. Os catro grupos políticos mostraron o seu acordo unánime nos dos dous puntos máis destacados da orde do día.

 

Un deles foi a aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria coa finalidade de ampliar o ámbito de aplicación das limitacións do estacionamento na zona azul gratuíta. Deste xeito incorpórase o tramo da rúa Santa Lucía xa sinalizado entre os puntos de intersección coa Avenida Fisterra e as rúas Plácido Pedreira e Carballo. Tamén se contemplan na ordenanza futuras ampliacións da zona azul no entorno do centro médico da Laracha. O alcalde, José Manuel López Varela, explicou que este sistema de aparcamento gratuíto con limitación temporal de noventa minutos –de luns a venres de 9 a 15:30 horas- “está funcionando ben e os veciños o valoran porque supón rotación de vehículos e prazas libres en zonas comerciais ou ás que se acode para realizar xestións”.

 

A unanimidade repetiuse na aprobación da elección de Estela María Espiñeira Esmorís como xuíza de paz titular, cargo que xa desempeñou nos últimos catro anos. A proposta tomouse tendo en conta a súa experiencia e formación académica como licenciada en Administración e Dirección de Empresas. O acordo plenario será remitido á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

 

Ademais, foron aprobadas as novas retribucións e tarifas de conservación de acometidas e contadores para 2019 a Viaqua SAU, que se incrementan nun 1% de acordo ao aumento do IPC rexistrado no último ano. Neste caso abstivéronse na votación os dous edís do BNG e o concelleiro do grupo mixto. O alcalde concluíu que esta revisión nas tarifas faise en cumprimento da normativa e tal e como estaba previsto no contrato para a xestión do servizo municipal de tratamento integral da auga.

 

O próximo luns o Pleno volverase reunir a partir das 9:00 horas, neste caso na sesión extraordinaria na que serán sorteadas as mesas electorais para as eleccións ao Congreso e o Senado do vindeiro día 28 de abril.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress