Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 29 de marzo de 2019 | Leída 51 veces
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

González Formoso destaca a traxectoria artística de Bea Rey como “fonte de inspiración para os futuros artistas galegos” na inauguración do seu Museo en Sobrado dos Monxes

O presidente da Deputación participou onte no acto de inauguración do primeiro museo de España dedicado en exclusiva a unha muller pintora. O edificio foi levantado polo arquitecto Blas Tojo Ferrero e no seu interior custodiaranse un total de 188 obras de Bea Rey...

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou onte no acto de inauguración do Museo Bea Rey, en Sobrado dos Monxes. Alí, González Formoso destacou a dilatada traxectoria artística da pintora, “que serve como fonte de inspiración para outros artistas”.

 

O Museo Bea Rey é o primeiro de España dedicado en exclusiva a unha muller pintora en vida. O arquitecto Blas Tojo Ferrero foi o encargado de deseñar este edificio, que xa custodia un total de 188 obras da artista, aínda que na exposición inaugural só se amosan unhas 70 pezas da autora.

 

No acto, González Formoso valorou o que significa a apertura deste museo xa que “amplía a riqueza cultural da que goza Sobrado dos Monxes en particular, unha terra marcada por unha arquitectura e unhas paraxes que impresionan, e a provincia da Coruña en xeral”. Ademais, lembrou que a Deputación da Coruña e Bea Rey xa estreitaron lazos en 1990, cando a artista recibiu o premio de artes plásticas Isaac Díaz Pardo, un certame convocado pola Deputación para impulsar a produción artística e aos artistas da provincia.

 

Beatriz Rey Gómez-Guitián viviu a cabalo entre Sobrado, a súa casa, e Madrid, onde se formou na Academia de Belas Artes de San Fernando. A súa traxectoria artística, que comezou en 1966, resúmese nunha constante busca dunha linguaxe para plasmar as súas inquedanzas creativas e vitais, o que a leva a reflectir a difícil relación do home co mundo, o anhelo da comunicación e os dilemas existencias que de elo derivan.

 

A súa traxectoria parte dun forte compoñente xeométrico, ás veces cubista, que evolucionará cara ao surrealismo, mesturando elementos simbólicos e expresionistas, un estilo pouco frecuente e dotado dunha marcada personalidade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress