Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 29 de marzo de 2019 | Leída 111 veces

Arteixop, o evento de gastronomía, ocio e compras, abre as portas este venres

Durante os días 29, 30 e 31 de marzo, o campo da festa de Arteixo énchese de foodtrucks, zonas de xogo infantil, vehículos de ocasión e un amplo espazo comercial...

[Img #48086]Nunha rolda de prensa celebrada onte pola mañá na Oficina de Turismo de Municipal, a carón da cúpula baixo a que se celebrará o evento, e na que asistiron representantes do Concello e do Arteixo CCA, presentouse o Arteixop, actividade de gastronomía, ocio e compras que terá lugar esta fin de semana en Arteixo.

 

No espazo terán cabida máis de 20 comercios tanto de Arteixo coma doutras vilas de Galicia, ofrecendo grandes descontos nas mellores marcas, ademais de 5 expositores de vehículos de ocasión con más de 120 coches a la venta. E estarán acompañados dunha oferta gastronómica internacional da man de foodtrucks, e de zonas de xogo con marcas tan coñecidas como Playmobil, RollyToys ou SuperZings.

 

“Arteixop é un formato diferente do que estamos acostumados a ver”, comenta Emiliano Cossini, xerente do Arteixo Centro Comercial Aberto, organizadores do evento. “Antes tiñamos unha feira de oportunidades e de vehículos de ocasión con actividades, mentres que o que estamos a presentar é unha festa onde pasar o día, comendo nas terrazas, xogando, de compras ou buscando o un coche novo” relata.

 

[Img #48090]Para Patricia Amado, Concelleira de Promoción Económica, este evento é “algo novidoso que precisaba a nosa vila e que vai ser moi ben acollido”, comenta. “Toca analizar o noso entorno e ofrecer actividades actractivas, porque os consumidores son cada vez máis esixentes”, dixo Amado.

 

Un evento que, segundo os organizadores, “foi tratado con moito mimo e coidado, para que a xente o desfrute só polo feito de pasear polo recinto”.

 

A afluencia de público esperada é de entre 3.000 e 4.000 persoas diarias. Aínda que Cossini aclara que “non hai referencias claras con anos anteriores; este evento é distinto a unha Feira de Oportunidades, no que as horas baixas adoitaban ser a hora da comida, e aquí seguramente sexan as de maior afluencia de público”.

 

Foodtrucks con sabor internacional

Serán 6 as foodtrucks que estarán no Arteixop, ofrecendo sushi, comida mexicana, pizzas e outros doces. Pero tamén propostas galegas e unha barra de bebidas que se poderán tomar nos 200 metros cadrados de terrazas que se ubicarán na parte central do recinto.

 

“ODerradeiroSábado”

Resalta Emiliano Cossini que o Arteixop é o primeiro dos eventos dunha nova estratexia que está a desenvolver o Arteixo CCA. Coa intención de xerar hábitos de consumo que fagan que os e as arteixás comecen a pasar as fins de semana na vila, a entidade pulará para que haxa unha actividade atractiva para os e as veciñas cada último sábado de mes. “O derradeiro sábado é unha campaña que engloba o resto de campañas, e coa que pretendemos facerlle ver á xente, polo menos un día ao mes, a estupenda oferta de ocio, comercio e gastronomía que temos en Arteixo”, comenta Cossini.

 

[Img #48091]

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress