Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 28 de marzo de 2019 | Leída 26 veces

Avanzan a bo ritmo as obras de mellora da seguridade viaria na avenida Fisterra da Laracha

Estase a realizar a nova pavimentación e posteriormente serán repintados os espazos de estacionamento. Tamén se contempla a creación dun novo paso para peóns na zona de Canta La Rana. O proxecto está valorado en preto de 70.000 euros...

[Img #48082]As obras dirixidas a mellorar a seguridade viaria na Avenida Fisterra da Laracha, o tramo urbano da estrada AC 552 ao seu paso pola capital municipal, están a pleno rendemento e avanzan a bo ritmo de actuación.

 

Nesta semana os traballos estanse desenvolvendo simultaneamente en dous puntos de actuación. Un deles é nas inmediacións da Praza do Concello, onde se está a completar a pavimentación dos espazos reservados para o aparcamento gratuíto de vehículos para, posteriormente, proceder ao remarcado da zona azul. En total está afectada por esta obra unha superficie superior aos dous mil metros cadrados de pavimento en toda a avenida. Ademais, nos tramos nos que o aparcamento se realizaba ata agora en oblicuo e cara adiante, as novas marcas –tanto na zona azul como nos espazos sen limitación temporal- orientarán aos vehículos para facelos marcha atrás para facilitar posteriormente a incorporación á estrada.

 

Paralelamente realízase a intervención coa que se creará un novo paso de peóns á altura da rúa Canta La Rana e que implica a adaptación da beirarrúas nese tramo próximo ao extremo da Avenida Fisterra na saída cara Carballo. Trátase dunha área residencial e comercial na que existen paradas de autobuses con marquesiñas e onde hai unha distancia considerable ata o seguinte paso de cebra en calquera das dúas direccións, sendo precisamente ese o motivo que levou ao Concello da Laracha a promover este proxecto.

 

Este proxecto de mellora da seguridade viaria na que é a estrada con maior volume de tráfico do municipio está valorado en preto de 70.000 euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress