Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 28 de marzo de 2019 | Leída 17 veces
CAMBRE

A Concellería de Patrimonio leva ao Temple a actividade “Historia Viva”

Haberá representacións de microteatro, actuacións musicais, degustacións de gastronomía e obradoiros infantís e xuvenís que compartirán o común denominador da inspiración na época romana…

[Img #48078]

 

O departamento de Patrimonio do Concello de Cambre organiza no Temple a actividade cultural “Historia Viva” o sábado 13 de abril (14-21 horas) co obxectivo de acercar á veciñanza e aos visitantes os aspectos da vida dos antigos poboadores de Cambre, poñendo o foco na época de convivencia entre a cultura castrexa e a romana. Para a súa realización, contarase coa asociación de recreadores "Galaecia Viva".

 

Haberá representacións de microteatro, actuacións musicais, degustacións de gastronomía e obradoiros infantís e xuvenís que compartirán o común denominador da inspiración na época romana. As actividades están a abertas ao público en xeral, o lugar de realización será o Parque Ramón Barba. Non será necesario inscrición. O custe é gratuíto.

 

16:30h Obradoiro de caligrafía romana: ensinaranse ás persoas participantes diferentes formas de escritura en Roma e os seus soportes (pergamiño, madeira, cera). Actividade dirixida a que rapaces e rapazas a partir dos 10 anos de idade poidan practicar as técnicas de caligrafía empregadas polos antigos romanos.

 

16:30h Obradoiro de mosaicos: explicarase en qué consistía a técnica antiga e os asistentes contaran con materiais e axuda para elaborar un mosaico sinxelo que poidan levar para a súa casa como recordo. Orientado a rapaces e rapazas de 10 anos en adiante.

 

17:30h Obradoiro de instrución de milites. Obradoiro infantil para nenos e nenas d entre 6 y 12 años. Ensinaranse diferentes formacións e poderán practicar con gladius e escudo.

 

18:30h Degustación de comida e bebida romana. Farase unha selección de pratos documentados nos recetarios romanos clásicos que poderá degustar o público asistente. 

 

20:00h Lux Stellae. Montaxe audiovisual en latín subtitulado, acompañado dunha soprano cantando en directo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress