Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 27 de marzo de 2019 | Leída 24 veces

O Pleno tratará a elección da xuíza de paz e a incorporación de novos tramos de zona azul na ordenanza municipal

A sesión ordinaria correspondente ao mes de marzo celebrarase este xoves. Estela María Espiñeira Esmorís é a candidata escollida polo goberno local para continuar sendo a xuíza de paz titular. O límite temporal no estacionamento afectará a parte da rúa Santa Lucía e tamén ao entorno do centro médico da Laracha...

Este xoves celebrarase o Pleno ordinario correspondente ao mes de marzo, sesión á que serán elevados os diferentes asuntos que nos últimos días foron sometidos ao ditame da correspondente Comisión Informativa.

 

Unha das cuestións a tratar será o nomeamento da xuíza de paz titular. Presentáronse ao procedemento cinco persoas, todas elas mulleres. O goberno local proporá a elección de Estela María Espiñeira Esmorís por considerala a candidata máis idónea, tanto pola súa experiencia previa –desempeñou ese cargo nos últimos 4 anos- como pola formación académica –Licenciada en Administración e Dirección de Empresas-. En caso de alcanzarse o acordo plenario, proporase o seu nomeamento á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

 

Por outra banda, tratarase a aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. A finalidade deste cambio é ampliar o ámbito de aplicación das limitacións do estacionamento na zona azul gratuíta. Así, incorporarase o tramo da rúa Santa Lucía entre os puntos de intersección coa Avenida Fisterra e as rúas Plácido Pedreira e Carballo, onde xa está sinalizada a limitación temporal. Tamén se contemplan na modificación da ordenanza as ampliacións da zona azul que o Concello da Laracha ten previsto levar a cabo no entorno do centro médico e que afectarían a outro tramo da rúa Santa Lucía, á rúa Suíza e a un sector da rúa Epifanio Campo Núñez.

 

A zona azul da Laracha está en vigor de luns a venres (excepto festivos) exclusivamente en horario de mañá, de 9:00 a 15:30 horas. Permite o estacionamento de xeito gratuíto, pero limitado a un tempo de noventa minutos. Cada condutor debe colocar nun lugar visible do vehículo calquera medio que permita comprobar a hora de chegada. A ordenanza municipal establece que están exentos das limitacións as ambulancias e vehículos de emerxencias, os automóbiles particulares que dispoñan da tarxeta de mobilidade reducida e os vehículos do persoal do centro médico e punto de atención continuada da Laracha.

 

Salientar tamén que, trala solicitude de Viaqua SAU –empresa concesionaria do servizo de tratamento da auga no Concello da Laracha-, elevarase ao Pleno a aprobación das novas retribucións e tarifas de conservación de acometidas e contadores para 2019, que presentarían un incremento do 1% de acordo ao aumento do IPC rexistrado no último ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress