Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 27 de marzo de 2019 | Leída 15 veces
ARTEIXO

A Concellaría de Cultura e Festas pon en marcha a programación da Primavera das Artes "PRIM-ART" para os meses de abril, maio e xuño de 2019

Teatro afeccionado, danza, música e exposicións son os compoñentes da programación que se levará a cabo nos meses de abril, maio e xuño nos auditorios do Centro Cívico Cultural de Arteixo, o Centro Sociocultural de Meicende e a Sala de Exposicións do CCC de Arteixo...

O programa de Prim-ART abre boca coa programación Teatr-ART, a cal trae dende o 29 de marzo até o 7 de xuño 6 espectáculos teatrais pertencentes á XX Mostra de Teatro Afeccionado de Arteixo, comezando o día 29 ás 20:45 h no Auditorio de Arteixo con Unha noite de primavera sen sono, obra pertencente ao grupo de TeatroES3HA2 de Melandrainas Teatro dirixida a público familiar. Outras das compañías convidadas son a Escola Municipal de teatro de Abegondo (Os Barballocas) e a Compañía Municipal de Teatro de Sada, ademais do alumnado da Escola de Teatro Infantil de Meicende, Soledad Felloza, o monologuista Fredi Cruxer e Casahamlet.

 

Dentro da programación de Music-ART, podemos atoparnos con Xoán Curiel e Charo Pita con Canta miña pedra, canta un concerto para público familiar en homenaxe a Antonio Fraguas que terá lugar este sábado 30 de marzo ás 12:00 h no Auditorio de Arteixo, con Silvia Penide presentando o seu novo disco "El efecto Boomerang", aGonçalo Guerreiro cun repertorio de temas en portugués a partir de poemas de Fernando Pessoa e a Marina Gundín & The Misters con música swing e jazz a través do II Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade: Elas Son Artistas. 

 

O 26 de abril, ás 20:45 no Auditorio de Arteixo, La Macana, unha compañía de danza contemporánea, pon en escena a Alexis Fernández e ao seu fillo de 14 anos, Paulo nun auténtico desafío que nos fará gozas das marabillas da relación pai e fillo e da pericia de cada un en "Pink Unicorns", única obra pertencente á Danz-ART.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress