Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 26 de marzo de 2019 | Leída 50 veces

O concello de Arteixo celebrou onte a Mesa municipal contra a violencia de xénero

O concello ten en marcha un protocolpo de coordinación institucional contra a violencia de xénero…

O concello de Arteixo reuniu hoxe a Mesa municipal contra a violencia de xénero, que é un instrumento operativo con representación de todos os ámbitos municipais implicados na loita contra este tipo de violencia (Forzas e corpos de seguridade, Subdelegación do Goberno, xulgado de violencia, centro de saúde, centros educativos, ANPAS e departamentos municipais) co obxecto de procurar unha mellor resposta ante as persoas que sofren esta lacra. Reúnese unha media de dúas veces ao ano. Ten un formato aberto para enriquecerse coas propostas que formulan os axentes implicados na mesma, para deseñar e coordinar estratexias conxuntas de actuación entre as distintas entidades, detectando as principais necesidades na loita contra a violencia e a discriminación co obxectivo de buscar solucións integrais e transversais.

 

Do traballo desta mesa xurdiu o Protocolo de coordinación institucional contra a violencia de xénero do Concello de Arteixo, un documento de carácter técnico e interdepartamental para a prevención, detección e actuación fronte aos casos de violencia contra as mulleres.

 

O concello de Arteixo ofrece durante todo o ano talleres educativos destinados a prevenir a violencia de xénero entre todos os escolares do municipio, que suman 3.901 se se suman todos os niveis: desde a educación infantil ata o bacharelato e formación profesional. Os talleres son diferentes segundo a idade dos escolares dos centros onde se impartan. Así, os nenos máis pequenos reciben a información en forma de contacontos mentres que a medida que aumente a idade dos receptores utilizaranse outro tipo de continentes de cara a sensibilizar os escolares para que poidan identificar as situacións que dentro das relacións de parella poden desembocar en situacións de violencia. Os talleres estarán superrvisados e organizados polo Centro de Información da Muller do concello de Arteixo, que está aberto permanentemente para atender as víctimas da violencia de xénero e, paralelamente, organiza actividades de cara a sensibilizar a población sobre esta lacra.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress