Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 26 de marzo de 2019 | Leída 31 veces

O Concello repartirá entre a veciñanza trampas ecolóxicas para avespa Velutina

Xunto ao líquido atraínte, que é inocuo para o resto das especies. Os veciños que desexen recibir o material deben acudir ao Concello. Entregaranse unha única trampa por persoa ata fin de existencias...

O Concello da Laracha repartirá entre a veciñanza trampas ecolóxicas para avespas velutinas e un líquido atraínte que é inocuo para o resto das especies, incluídas as nespras autóctonas e as abellas.

 

Os veciños empadroados no municipio que desexen facerse con este material deben acudir a partir de mañá martes á Casa do Concello para recollelo de xeito gratuíto. Será entregada unha única trampa ecolóxica por persoa ata fin de existencias.

 

Trátase dunha medida que o Concello da Laracha pon en práctica para combater a expansión da avespa velutina, xa que precisamente durante a primavera é cando as raíñas fundadoras comezan a formar os niños e, por tanto, é a época na que debe realizarse un maior esforzo para evitar o xurdimento de novas colonias.

 

A semana pasada o Concello da Laracha organizou unha charla informativa a cargo do experto Lolo Andrade que se desenvolveu o mércores na Casa da Cultura. Ao longo de todo o ano as cuadrillas medioambientais municipais e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil están operativas para eliminar os niños.

 

A colaboración cidadá é imprescindible para que as administracións poidan coñecer o emprazamento dos niños e actuar para retiralos. No caso de que unha persoa detecte un, debe dar o aviso á Xunta de Galicia chamando ao teléfono 012.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress