Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 26 de marzo de 2019 | Leída 50 veces

A balaustrada do paseo fluvial do río Anllóns sufriu graves danos por causa dun acto vandálico

Uns desapresinvos rompérona nas pontes de acceso desde a rúa Arxentina e na do Formigueiro, ademais de provocar danos nos 400 metros de percorrido entre ambos puntos. Os feitos sucederon na madrugada do sábado ao domingo. Nunha primeira valoración estímase que a reparación custará máis de 6.000 euros...

[Img #48064]O Concello da Laracha procederá a reparar nos próximos días a balaustrada do paseo fluvial do río Anllóns no tramo de 400 metros de distancia que discorre entre a ponte de acceso desde a rúa Arxentina ata a ponte que comunica a pasarela co antigo camiño do Formigueiro.

 

Na pasada fin de semana, probablemente na madrugada do sábado ao domingo, un grupo de persoas cometeron nesta infraestrutura municipal un acto vandálico que causou a rotura da balaustrada en ambas pontes e outros graves danos en toda a estrutura, principalmente no lado esquerdo en dirección ao Formigueiro.

 

A Policía Local, que acordoou as zonas máis afectadas para advertir aos usuarios do paseo fluvial da situación e garantir a súa seguridade, investiga os feitos e solicita a colaboración da veciñanza para tratar de determinar o causante ou causantes.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, comprobaron en persoa o estado da pasarela en todo o tramo. Tras unha primeira valoración técnica, estímase que o custe da reparación superará os 6.000 euros.

 

O Concello da Laracha lamenta profundamente que esta acción vandálica levadas a cabo por persoas desaprensivas de xeito deliberado e coa única intención de facer dano poida perturbar a tranquilidade dos veciños do municipio, máis aínda por tratarse dunha das zonas máis cómodas e mellor acondicionadas para transitar a pé, especialmente nestas datas nas que as condicións climatolóxicas son favorables. Iso á marxe do importante gasto que suporá a reparación para as arcas municipais, que non deixan de ser fondos públicos que non poderán destinarse a financiar outras obras ou servizos de interese xeral para a cidadanía.

 

[Img #48065]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress