Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 24 de marzo de 2019 | Leída 62 veces
PSOE

Martín Seco: “faremos un programa ambicioso e sensato” onde destacará a “empresa de servizos para axilizar a xestión e crear emprego”

Un ateigado Centro Tecnolóxico acolleu a presentación do candidato socialista onte pola mañá. No acto estivo o alcalde socialista Frutos Saavedra, quen recordou que “as normas urbanísticas foron aprobadas polos socialistas no 95 e o PP con dúas maiorías absolutas non foi capaz de aprobar un PXOM”. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, destacou o “compromiso” de Martín Seco e a “necesidade de abrir un novo período político en Arteixo”...

[Img #48040]

 

O Centro Tecnolóxico de Arteixo quedouse pequeno hoxe, na presentación do candidato socialista á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco, que prometeu un programa electoral “ambicioso e sensato” onde destacará “unha empresa de servizos que o PP non foi quen de sacar adiante e que permitirá xestionar os servizos básicos con axilidade e fomentar o emprego entre os veciños e veciñas en igualdade de condicións”.

 

Máis dun centenar de persoas achegáronse para apoiar a Martín Seco, nun acto que contou co secretario xeral do PSdG-PSOE, Gonzalo Caballero, e co alcalde socialista de Arteixo entre 1987 e 1995, Frutos Saavedra, co que moitos dos presentes teñen unha vinculación persoal –ademais de política-, como recordou a concelleira Susana Lebón: “Frutos era o meu profe de matemáticas, e as voltas que da vida, despois foi o meu compañeiro de partido”.

 

Acto seguido tomou a palabra o propio Saavedra que fixo fincapé en que as “normas urbanísticas que están hoxe vixentes, as aprobamos os socialistas en 1995 e o PP, con dúas maiorías absolutas non foi capaz de aprobar o PXOM”. Ademais, pediulle a Seco que forme “un bo equipo” e que poña “en marcha medidas socialdemócratas en igualdade e medio ambiente. Temos que reivindicar estas políticas fronte a esta dereita trifálica”.

 

Tamén Caballero incidiu na importancia da política que fan os socialistas: “En oito meses –de goberno de Pedro Sánchez- amosamos que os socialistas, cando a tarta aumenta un pouco, a repartimos entre todos”. En clave municipal, destacou o “compromiso” de Martín Seco e a “necesidade de abrir un novo tempo político en Arteixo”, ademais, engadiu, “os alcaldes socialistas son os mellores alcaldes, só hai que ver os que están hoxe aquí, como José Ramón Rioboo ou José Antonio Miñones que son un exemplo”.

 

A última intervención foi a do candidato socialista que agradeceu o traballo feito “polos socialistas do equipo de Frutos para converter un pequeno concello rural, nun dos concellos máis puxantes de toda Galicia. E tamén quero darlle as grazas ao traballo feito polo equipo de Pilar Souto”.

 

Seco recolleu o guante a Saavedra para garantir ese bo equipo de traballo en forma de candidatura. Ademais da empresa de servizos explicou que o proxecto socialista quere poñer no centro as persoas con medidas de conciliación, un incremento dos servizos sociais, protección do medio ambiente a construción da Casa das Artes e a posta en marcha dun programa cultural que teña en conta aos colectivos locais. “Por suposto, cun goberno socialista aprobarase o plan xeral”.

 

Homenaxe a Frutos Saavedra

O momento máis emotivo do acto viviuse xunto antes de que chegara ao seu fin. Martín Seco rematou a súa intervención tal e como empezou: dando as grazas a Frutos Saavedra, ao que lle pediu que subira de novo ao escenario para entregarlle unha placa como mostra de cariño de todos os socialistas, que de pé, aplaudiron ao que fora alcalde socialista e ao candidato socialista.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress