Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 21 de marzo de 2019 | Leída 126 veces
BNG

Xurxo Couto é o candidato do BNG de Arteixo ás eleccións municipais

O actual concelleiro do grupo municipal foi elixido en asemblea aberta para encabezar a lista do partido. Silvia Seixas, actual portavoz municipal do BNG de Arteixo, non repetirá como cabeza de lista dos nacionalistas na localidade aínda que seguirá traballando na organización da campaña electoral...

[Img #47977]

 

O Bloque Nacionalista Galego de Arteixo escolleu en asemblea a Xurxo Couto como cabeza de lista para as eleccións municipais do vindeiro 26 de maio de 2019.

 

A decisión foi trasladada aos medios esta mañá en Arteixo durante un café organizado para a prensa coa presenza dos concelleiros do BNG da corporación municipal: Silvia Seixas e o propio Xurxo Couto. Seixas, quen ata o de agora era a número un dos nacionalistas no Concello de Arteixo, non encabezará a lista nesta ocasión por razóns persoais. Silvia Seixas leva vinculada ao BNG de Arteixo desde o 2003, cando foi por primeira vez nunha lista electoral. "Ás veces penso que é imposible que pasasen xa 16 anos. Mais o corpo e a mente lémbranche que si levas todos eses anos traballando arreo, os 7 días da semana, compaxinando toda esta actividade política con outras responsabilidades laborais, familiares e de ocio", comentou.

 

Seixas. Silvia Seixas sae da primeira liña política pero seguirá traballando na organización da campaña para as municipais 2019. "Sigo participando no traballo organizativo da campaña, na candidatura e na necesidade de conseguir uns bos resultados electorais porque en Arteixo hai moito que Comunicación BNG Arteixo facer en infraestruturas, urbanismo, calidade de vida das persoas e da xente nova. Tamén a nivel cultural, deportivo e en política social, pois non se está facendo nada sobre feminismo e igualdade", sinalou a nacionalista.

 

Silvia Seixas tamén fixo fincapé nas calidades do novo candidato do BNG de Arteixo, Xurxo Couto, quen leva seis anos como concelleiro na oposición. "Xurxo é unha persoa honesta, traballadora e que coñece ben as necesidades do Concello", recalca a actual portavoz do BNG de Arteixo.

 

Xurxo Couto, como candidato á alcaldía polo BNG de Arteixo, xunto co equipo que está formando, seguirá traballando para lograr un futuro para Arteixo dinámico, emprendedor e con calidade de vida. Couto destaca "a ilusión, firmeza e responsabilidade do equipo do BNG para favorecer políticas reais e en positivo". O propósito principal do BNG de Arteixo é o benestar das arteixás e arteixáns."Arteixo é un dos municipios con maior potencial e entre todas e todos imos traballar para que ese futuro esperanzador non se demore máis. Un Concello para traballar e para vivir con calidade de vida. No BNG de Arteixo temos as ideas claras", dixo o candidato á alcaldía.

 

Sobre Xurxo Couto

O novo candidato á alcaldía do BNG de Arteixo, Xurxo Couto, forma parte do partido desde 2007 e leva seis anos como concelleiro na corporación municipal.

 

Xurxo Couto (Ferrol, 1965). Licenciado en Historia, especialidade en Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como docente en Formación Ocupacional de Mestre Canteiro.

 

Como canteiro e arqueólogo, ten participado en proxectos de excavación, consolidación e limpeza do patrimonio. Por exemplo, Castro de Borneiro, Castro de Pantín, Mámoas de Dumbría, Pedra Formosa en Castro de Espasante, ou máis recentemente no Dolmen de Dombate e no Castro de Laxe así como no xacemento arqueolóxico de Pena Furada en Coirós.

 

Vinculado desde moi novo ao asociacionismo, é socio - fundador da Asociación Cultural Monte da Estrela, onde participou na organización de eventos (xornadas de patrimonio, concertos, charlas, camiñadas culturais) e edición de libros. Na actualidade, continúa traballando no eido da cultura, unha das súas paixóns.

 

Entre as súas afeccións, ademais do patrimonio e a cultura en xeral, destacan o taekwondo deporte, o xadrez, a música e viaxar.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress