Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 17 de marzo de 2019 | Leída 25 veces
CAMBRE

Esta semana comezarán as obras de remodelación do Paseo dos Templarios

Coas obras propostas preténdese acondicionar os mencionados illotes como prazas de aparcadoiro, aliviando, deste xeito, a escaseza de prazas de aparcadoiro en todo o paseo…

[Img #47921]

 

A semana que vén comezarán as obras  do “Proxecto básico e de execución para a remodelación, mantemento e conservación do Paseo dos Templarios na parroquia do Temple”, cun orzamento total de 55.444,21 euros, incluído no Plan provincial (Plan único de concellos) “POS+ 2018”. Foi finalmente adxudicado á empresa IAM Rumbo por 43.340,74 euros.

 

As obras afectan a un tramo de 200 metros de lonxitude do paseo dos Templarios comprendido entre o colexio  Portofaro e a biblioteca municipal, na parroquia do Temple.

 

Este tramo do paseo conta con zona peonil, calzada para o tráfico rodado e zonas axardinadas con árbores, farois e bancos. Na marxe da calzada situado ao lado da ría, existen uns illotes axardinados (bordos) que separan a calzada da zona peonil do paseo e que son utilizadas como aparcadoiro polos vehículos ante a falta de prazas habilitadas para tal fin na zona, polo que se atopan completamente deterioradas e sen vexetación, o que afea considerablemente a estética de todo o paseo, non só polo seu estado, senón pola mala imaxe que dan os coches subidos ás mesmas.

 

Coas obras propostas preténdese acondicionar os mencionados illotes como prazas de aparcadoiro, aliviando, desta maneira, a escaseza de prazas de aparcadoiro en todo o paseo.

 

Para compensar na medida do posible a perda das zonas  axardinadas coas actuacións propostas, prevese a construción de novos illotes entre as prazas de aparcadoiro. A superficie axardinada que se xeraría sería de 20  metros cadrados, e colocaríanse nove novas árbores. As obras terán una duración máxima de dous meses.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress