Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 16 de marzo de 2019 | Leída 16 veces

Doce empresas optan á adxudicación dos contratos dos servizos de limpeza en edificios e instalacións municipais

Na última Xunta de Goberno Local foron clasificadas as ofertas presentadas ao procedemento de contratación. O orzamento máximo de licitación é de 316.895,57 euros anuais. A duración do contrato é de dous anos prorrogables por catro anos máis...

O Concello da Laracha está a concluír o procedemento de contratación dos servizos de limpeza de edificios e instalacións de titularidade municipal, unha licitación aberta á que concorreron un total de doce empresas.

 

Despois de que a Mesa de Contratación procedese á apertura das plicas coas ofertas presentadas e a valoralas segundo os criterios establecidos nos pregos que rexen o procedemento, na última sesión da Xunta de Goberno Local foron clasificadas esas propostas como trámite previo á adxudicación dos contratos.

 

Os servizos divídese en dous lotes diferenciados. Un deles inclúe tanto a limpeza como a conserxería dos tres centros de educación infantil e primaria máis importantes do Concello (Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión) e a limpeza da escola unitaria de Cumiáns (Montemaior) e da escola infantil da Laracha. Neste caso foron nove as empresas que concorreron ao procedemento.

 

O outro lote contempla a limpeza da Casa do Concello, edificio administrativo, escola infantil, Casa da Cultura, bibliotecas da Laracha centro sociocultural de Paiosaco, centro sociocultural da Insua, consultorio médico de Caión, pavillóns polideportivos de Xermaña e do IES Agra de Leborís, campo de fútbol A Porta Santa, centro municipal de emerxencias no parque empresarial e o Centro Comunitario de Caión. Neste segundo lote houbo tres empresas que presentaron ofertas.

 

O Concello da Laracha investirá un máximo de 316.895,57 euros anuais nestes servizos. A duración dos contratos será de dous anos prorrogables por outros catro máis.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress