Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 16 de marzo de 2019 | Leída 57 veces
Deputación da Coruña

A Deputación destina 900.000 euros aos servizos de limpeza de praias de 41 concellos da provincia

González Formoso destaca que este programa, xunto co de contratación de socorristas, suporá a creación de 300 empregos na provincia durante a época estival...

[Img #47920]

 

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a adxudicación do programa de limpeza de praias 2019, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre 41 municipios costeiros coruñeses.

 

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, vestiario ou combustible.

 

Segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, “o programa contribuirá, un ano máis, á mellora da imaxe de máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival, e axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas, unha cifra que espera que sexa similar este ano”.

 

González Formoso destacou que A Coruña é a provincia española con máis quilómetros de costa e que as praias dos concellos costeiros “son un dos principais atractivos turísticos”. “A Deputación apoia un ano máis aos concellos da provincia para que os nosos areais estean en condicións óptimas para este verán”, apuntou o presidente.

 

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos na época estival.

 

Programa limpeza  Importe 
Beneficiario: Concello da Laracha
Obxecto: Gastos de limpeza de praias de xuño a outubro de 2019
22.219,49€
Beneficiario: Concello de Arteixo
Obxecto: Limpeza de praias marítimas do Concello de Arteixo
24.590,51€

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress