Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 16 de marzo de 2019 | Leída 21 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña convoca doce premios culturais para animar a creación

A área de Cultura da Deputación destina máis de 150.000 € aos certames deste ano…

[Img #47917]Doce convocatorias e un total de 151.500 € suman a nova edición de premios culturais da Deputación da Coruña que recoñecerá traxectorias e obras en distintos ámbitos culturais, do literario ao plástico pasando polo ensaístico ou os proxectos feministas.

 

A creación cultural ten premio na Deputación da Coruña que abre agora o prazo para presentar obras e propostas ás doce convocatorias dos certames culturais cunhas bases que saen publicadas no BOP deste 15 de marzo.

 

Manuel Murguía de Ensaio, Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais, Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, Luís Ksado de Creación Fotográfica, Rafael Dieste de Textos Teatrais, Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas, Castelao de Banda Deseñada, Andrés Gaos de Composición Musical e  Jesús Núñez de Arte Gráfica ademais do Quero Cantar de Música Infantil e Xuvenil e o Premio Begoña Caamaño de Acción Cultural pola Igualdade de Xénero son os premios que se convocan neste ano 2019 desde a área de Cultura da Deputación da Coruña.

 

"Os premios culturais promovidos desde a área de Cultura da Deputación da Coruña teñen como obxectivo promover e premiar creación cunhas convocatorias que buscan tamén converterse en eventos culturais, arredor dos que xiran actividades de promoción e difusión dos distintos ámbitos", sinala Goretti Sanmartín, responsábel da Área de Cultura e vicepresidenta da Deputación da Coruña

 

No ámbito literario, nesta nova edición coinciden os dous premios Torrente Ballester en galego e español, o Premio Manuel Murguía de Ensaio, o Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, e o Manuel Murguía de Ensaio.

 

Até o 5 de abril está aberto o prazo para presentar textos teatrais, obras de literatura infantil e xuvenil e ensaio, dotados con 6.500 € cada un, cantidade que no caso do Rafael Dieste se incrementaría coa representación da obra gañadora.

 

Para as dúas modalidades do Premio Torrente Ballester de Narrativa, en español e galego, e o prazo está aberto até o vindeiro 10 de xuño e a cantidade do galardón ascende a 25.000 € cada un.

 

Cinco son as convocatorias destinadas a recoñecer os distintos ámbitos da creación artística, desde un xenérico de artes plásticas, un de creación fotográfica, outro de banda deseñada, e outro de artes gráficas.

 

O XVI Certame Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas conta cun orzamento en premios de 31.500 €, 25.000 € que se inviste en adquisición e 6.500 € para a obra gañadora e o prazo de presentación remata o 5 de abril, o mesmo día de entrega para o XIV Premio Castelao de Banda deseñada que conta con dúas modalidades, unha xeral e outra para público infantil e xuvenil, dotados cada un deles con 6.500 €.

 

Até o 15 de maio poderán concursar quen se presente ao XIV Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica, tamén dotado con 6.500 €, igual premio que o que recibirá quen gañe o XIV Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica que contempla tamén dous accésits consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.

 

Composición, grupos e artistas musicais e música infantil e xuvenil son as tres modalidades de música que a Deputación da Coruña premia neste ano. Para participar no XI Concurso Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais haberá tempo até o 15 de maio para presentar candidaturas nun certame que, despois dunha selección previa, decidirá a clasificación final nunha gala en que se repartirán os 3.000€ para o primeiro posto, 2.000€ para o segundo, 1.500€ para o terceiro e 1.000€ para o cuarto e quinto. Pola súa parte, co XIII Premio "Andrés Gaos" recoñeceranse composicións musicais que se poderán presentar até o día 5 de xuño.

 

Á cuarta edición chega o concurso "Quero Cantar" de música infantil e xuvenil para o que poderán participar grupos ou solistas que interpreten composicións con letra e música orixinais e inéditas para unha das dúas categoría, infantil e xuvenil. Despois dunha selección previa, as propostas finalistas participarán nunha gala final no Teatro Colón da Coruña.

 

Finalmente, a área de Cultura da Deputación da Coruña convoca por terceiro ano consecutivo o Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero que premia con 6.500 € a persoas, colectivos, entidades ou propostas artísticas comprometidas coa promoción da igualdade desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura. Poderanse presentar candidaturas até o día 5 de abril.

 

"Ademais dos premios económicos, estas convocatorias naceron para contribuír a difundir a creación cultural e, desta maneira, nas últimas edicións incorporáronse melloras para que as obras gañadoras chegaran ao público, por medio de presentacións e outras actividades de divulgación", explica Goretti Sanmartín Rei. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress