Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 15 de marzo de 2019 | Leída 42 veces

A Xunta establecerá a partir do vindeiro curso o cumprimento do calendario de vacinación como requisito para a matriculación nunha escola infantil pública ou praza concertada

Feijóo apunta que os pais contarán con 8 días a partir da publicación da adxudicación da praza pública no Diario Oficial de Galicia para presentar un impreso de matrícula e unha copia da cartilla de vacinación da nena ou neno. Di que o feito de que un cativo cumpra co calendario de vacinación non só protexe a súa saúde, senón que tamén protexe a das nenas e nenos que o rodean no seu día a día...

[Img #47915]

 

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou onte, na rolda de prensa do Consello, tras a valoración favorable por parte da Asesoría Xurídica da Xunta, de que a partir do curso 2019/20 se incluirá como requisito para a matriculación nunha escola infantil pública o axeitado cumprimento do calendario de vacinación. Para acto seguido puntualizar que tamén será de aplicación nas prazas públicas en escolas infantís privadas que se rexan polos prezos establecidos pola Xunta.

 

De xeito que, sinalou, esta determinación será incluída na resolución de matrícula que se publicará mañá mesmo no DOG. Ao que engadiu que os pais contarán con 8 días a partir da publicación da adxudicación da praza pública no Diario Oficial de Galicia para presentar un impreso de matrícula e unha copia da cartilla de vacinación da nena ou neno.

 

Durante a súa intervención, Feijóo precisou que para a Administración autonómica é prioritaria a protección da saúde dos menores e que esta decisión é perfectamente compatible cos dereitos e obrigas das familias, coa súa liberdade ideolóxica, relixiosa ou de culto. “O feito de que un cativo cumpra co calendario de vacinación non só protexe a súa saúde senón que tamén protexe a das nenas e nenos que o rodean no seu día a día” abundou.

 

A este respecto, o presidente da Xunta aseverou que se trata dunha decisión que ademais de contar co amparo da lexislación vixente está baseada en criterios médicos, conta co consenso da totalidade da profesión médica, e coa concienciación dunha elevadísima porcentaxe da sociedade galega.

 

En definitiva, concluíu, a partir do próximo curso comezarase a aplicar unha medida que conta cun amplo consenso social, que terá un importante potencial de concienciación e axudará a blindar a protección da saúde pública nun dos espazos máis delicados que existen, as escolas infantís.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress