Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 15 de marzo de 2019 | Leída 62 veces

A Xunta apoia con 9,4 M€ a formación e contratación de 1.100 persoas pertencentes aos colectivos con máis dificultade para obter un posto de traballo

O Galicia Emprega conta cos programas: Emprega Muller, Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude. Feijóo lembrou que “o pasado ano se cumpriron o 100% das expectativas e se contrataron 1.114 persoas”...

[Img #47914]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou onte que o Consello da Xunta vén de coñecer un informe sobre a nova convocatoria do programa Galicia Emprega, que apoia a formación e contratación de persoas pertencentes aos colectivos con mais dificultade para obter un posto de traballo, como son mulleres desempregadas, parados de longa duración, mozos e persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión. Feijóo destacou que vanse investir “9,4 millóns de euros, un 10% máis que o pasado ano, e o obxectivo son, como mínimo, 1.100 contratos que van a ter financiamento”.

 

Feijóo insistiu en que “vamos a financiar a formación e a contratación”. Por unha banda, apóiase cun bono formación aos traballadores para que poidan responder ás necesidades formativas do tecido empresarial. A cualificación dos traballadores que son contratados de xeito inicial por 12 meses a xornada completa para que reciban unha formación mínima de 50 horas incentívase con 2.000 euros. Se o contrato é indefinido, o bono increméntase ata os 4.000 euros e a formación mínima terá que acadar as 70 horas.

 

Tamén se ofrecen incentivos á contratación ás empresas que impulsan a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa. O presidente da Xunta destacou como novidade que en todos os casos aumentarán nun 25% para aquelas empresas de máis de 50 traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e noutro 25% no caso de que a actividade pertenza a un sector estratéxico.

 

Catro liñas de axudas

Feijóo sinalou que Galicia Emprega conta con catro liñas de axudas: Emprega Muller, Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude.

 

O presidente da Xunta detallou que Emprega Muller conta cun orzamento de preto de 3,4 millóns de euros cos que se impulsará a formación e contratación de 340 persoas. As axudas mínimas para os contratos indefinidos son de 12.000 euros.

 

O Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión contará con incentivos de 8.000 euros para a contratación inicial e de 16.000 euros para os contratos indefinidos. A previsión de beneficiarios é de 180 persoas.

 

En canto ao Emprega Parados de Longa Duración, o obxectivo é contratar a 250 persoas. As axudas para a contratación de 12 meses a xornada completa suman como mínimo 5.000 euros, incrementándose ata os 10.000 euros se se trata dun contrato indefinido.

 

No que respecta ao Emprega Xuventude, estímase un número de beneficiarios de 330 menores de 30 anos. As contías para os contratos dun ano de duración serán de 3.000 euros e acadarán o dobre no caso de contratos indefinidos.

 

O presidente da Xunta lembrou que “o pasado ano se cumpriron o 100% das expectativas e se contrataron 1.114 persoas”. Tamén destacou que no último ano o paro feminino baixou un 6,52%; no colectivo de menores de 30 anos, un 6,22%, e no caso dos parados de longa duración un 13%. Con respecto ás persoas con capacidades diferentes, a taxa de paro baixou un 5,9% entre 2014 e 2017.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress