"/>
Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 15 de marzo de 2019 | Leída 36 veces
BNG

"A invisibilidade da horticultura profesional"

Acto: "A invisibilidade da horticultura profesional". Data: Venres 15 de marzo, ás 19:30 horas. Lugar: Auditorio do Centro de Novas Tecnoloxías - Arteixo...

[Img #47912]

 

O BNG de Arteixo organiza a mesa redonda "A invisibilidade da horticultura profesional" co fin de dar visibilidade e voz aos profesionais da horticultura de Arteixo así como da comarca de Bergantiños.

 

Os temas que se tratarán no evento son a lexislación urbanística, as axudas da administración, os atrancos burocráticos, os seguros, os ataques a plantacións de animais salvaxes e, en definitiva, o presente e o futuro de Arteixo e da comarca veciña de Bergantiños como potencias hortícolas.

 

Participarán

  • Xurxo Couto, concelleiro do BNG de Arteixo
  • Evencio Ferrero, alcalde do Concello de Carballo
  • Mª Carmen Lista Bermúdez, presidenta de A Terriña
  • David López Orgeira, xerente de AgrodaycaSc
  • Alex García, produción en AgrodaycaSc

 

A xornada dará comezo ás 19:30h e desenvolverase no Auditorio do Centro de Novas Tecnoloxías (Avenida Arsenio Iglesias, 46, Arteixo).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress