Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 15 de marzo de 2019 | Leída 48 veces
Deputación da Coruña

O VII Circuíto provincial de carreiras populares “Deputación da Coruña” chega este ano a 30 concellos da provincia

A Deputación e a Federación Galega de Atletismo esperan superar a convocatoria do ano pasado e superar os 18.000 participantes. O deputado de Deportes, Antonio Leira, destaca que a Deputación da Coruña foi pioneira na posta en marcha dun Circuíto Provincial de Carreiras que cada ano incrementa o número de corredores...

[Img #47911]Un total de 30 concellos da provincia da Coruña acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da VII edición do Circuíto de Carreiras Populares “Deputación da Coruña”, organizado pola área de Deportes da institución provincial coruñesa en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.

 

A axenda das competicións, que se estende entre os meses de abril e decembro, contará este ano con 30 carreiras noutros tantos municipios, nas que a organización espera contar coa presenza de máis de 18.000 participantes nas diferentes categorías (benxamin, alevín, cadete, xuvenil, absoluta e veteranos), superando aos máis de 15.000 do ano pasado.

 

Oroso, O Pino, Mazaricos, Dumbría, San Sadurniño, Zas, Culleredo, Carballo, Cee, Tordoia, Muxía, A Laracha, Curtis, Ares, Cambre, Carnota, Ferrol, A Pobra do Caramiñal, Noia, Corcubión, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Sada, Brión, Fisterra, Ames, Rianxo, Negreira, Boiro e Porto so Son serán, por esta orde, os municipios que acollerán as carreiras en 2019.

 

O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, destacou que a Deputación da Coruña “foi pioneira” na posta en marcha dun circuíto provincial de carreiras, unha actividade deportiva que hoxe tamén se organiza noutras provincias, e agradeceu a “extraordinaria labor de organización e coordinación das probas” que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo.

 

Asimesmo, Leira  sostivo que o circuíto coruñés de carreiras populares “está hoxe consolidado como un dos eventos anuais da ampla axenda deportiva da provincia, como demostra o feito de que cada ano reúne a máis participantes. “Agardamos batir o noso récord de participación este ano”, puntualizou o deputado.

 

As carreiras comezan o 27 de abril en Oroso

O circuíto, conformado este ano por 30 carreiras noutros tantos municipios coruñeses, comezará o 27 de abril coa VI Carreira Pedestre do Concello de Oroso e continuará en maio con carreiras en O Pino, Mazaricos, Dumbría e San Sadurniño.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress