Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 15 de marzo de 2019 | Leída 17 veces

59 Persoas preséntase ao procedemento de selección dun técnico en administración xeral

A listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pode consultarse no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal. O selección realizarase mediante concurso-oposición...

O Concello da Laracha vén de publicar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no procedemento de selección dun técnico en administración xeral. En total foron presentadas cincuenta e nove instancias, das cales corenta e oito foron aceptadas e outras once teñen de prazo ata o 26 de marzo para reclamar ou subsanar defectos na documentación achegada.

 

As listaxes poden consultarse no taboleiro de edictos do Concello da Laracha e tamén na web municipal www.alaracha.gal.

 

A finalidade da convocatoria é crear unha bolsa de emprego para a cobertura como funcionario interino dun posto de técnico de administración xeral actualmente vacante e pertencente ao grupo de clasificación A, subgrupo A1.

 

As retribucións brutas anuais ascenden a 38.446,20 euros. A selección realizarase por medio do sistema concurso-oposición. A fase de oposición consistirá nun exercicio tipo test e a proba de galego para aqueles aspirantes que non acrediten estar en posesión do título de coñecemento da lingua galega Celga 4. No concurso valorarase a experiencia profesional previa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress