Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 14 de marzo de 2019 | Leída 21 veces

A Xunta salienta a necesidade de proxectos para que o noroeste acceda aos fondos europeos que garantan unha liña ferroviaria de mercadorías axeitada

Vázquez Mourelle lembra que Galicia, Asturias e Castela e León contan cunha estratexia que identifica as carencias da rede de mercadorías e un investimento de 3100 M€ para formar parte de xeito efectivo no Corredor Atlántico. Explica que a planificación que as comunidades lle trasladaron ao Goberno central pouco ten que ver co plan director que vén de presentar Fomento...

[Img #47908]

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, subliñou onte no Parlamento que a Xunta apremiará ao Ministerio de Fomento para que elabore os documentos necesarios para que o noroeste acceda aos fondos europeos que garantan unha infraestrutura ferroviaria axeitada.


Vázquez Mourelle lembrou que Galicia, Asturias e Castela e León contan cunha estratexia de actuación definida que identifica as carencias da rede de mercadorías actual e establece un investimento de 3.100 millóns de euros para formar parte de xeito efectivo no Corredor Atlántico de mercadorías.


Explicou que o intenso traballo destes anos está a dar os seus froitos, xa que as institucións europeas teñen aceptado, de xeito definitivo, a demanda de inclusión do noroeste no Corredor Atlántico de Mercadorías, dos itinerarios ferroviarios que van desde Venta de Baños e León ata Xixón, Vigo e A Coruña, pasando por Ourense e Monforte.


Indicou que tamén se deu un paso adiante para que o eixe Vigo-Porto opte a fondos do mecanismo ‘Conectar Europa’ como itinerario da rede global, podendo acadar un cofinanciamento do 50% ao ser sección transfronteiriza, que a UE establece como prioritaria.


Non obstante, avanzou que a planificación que os tres Gobernos autonómicos trasladaron ao Goberno central pouco ten que ver co plan director que presentou o Ministerio de Fomento o 20 de febreiro. A este respecto, sinalou que o documento presenta omisións que fan que para o trazado noroeste só figuren 1.286 M€ de investimento, menos da metade do que as comunidades consideran necesario para a modernización deste itinerario ferroviario.


Precisou que se trata dun plan recortado que non responde ás aspiracións do noroeste peninsular, nin en investimentos nin en características da vía. Neste sentido, aclarou que semella ser un programa de mantemento de vías, en lugar dun para lograr a competitividade na área do transporte e da loxística.


Sinalou que este documento inclúe como investimentos actuacións que xa están executadas, como a variante de Pajares, e incorpora outras que non corresponden a treitos do corredor, como Santiago-Ourense pola liña antiga; A Coruña-Lugo ou A Coruña-Ferrol.


Sen embargo, contrapuxo que o plan obvia actuacións estratéxicas como o Baipás de Monforte, a saída sur de Vigo ou a solución á forte pendente que ralentiza os trens no porto do Manzanal, que conecta Galicia e Castela e León.


Explicou que o plan tamén esquece conexións ferroviarias esenciais coas instalacións portuarias, coa Plisan ou a mellora da conexión de Galicia con Portugal, máis alá da electrificación xa en contratación entre Guillarei e Tui.


Fixo fincapé en que “non dá o mesmo que Vigo – Porto sexa corredor ou non, xa que puido entrar no Corredor Atlántico e quedou fóra e iso pon máis difícil ter acceso aos fondos europeos”.


Concretou que o proxecto ten ademais importantes eivas en canto ás características da liña ferroviaria, porque non contempla a implantación do sistema ERTMS, nin o ancho europeo en toda a liña, requisitos que marca o regulamento europeo para os corredores.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress