Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 14 de marzo de 2019 | Leída 39 veces

A Laracha acollerá unha charla sobre a vespa velutina dirixida a todos os públicos

O próximo mércores a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura. Será impartida por Lolo Andrade, experto, investigador e técnico en insectos. Explicaranse as formas de actuar cando se detecte un niño ou se produza unha picadura...

O Concello da Laracha organiza a charla informativa sobre a avespa asiática (vespa velutina) que o próximo mércores (día 20 de marzo) impartirá na Casa da Cultura a partir das 20:00 horas Lolo Andrade, experto, investigador e técnico en insectos.

 

A iniciativa é aberta a todos os públicos que desexen participar e aclarar todas as súas dúbidas sobre esta especie invasora que durante os últimos anos se está deixando notar en diferentes puntos do termo municipal.

 

Entre os contidos da charla estarán a explicación de que é a avespa velutina e o seu ciclo vida, a maneira de actuar máis axeitada cando unha persoa detecte un niño e como deben realizarse os primeiros auxilios en caso dunha picadura, especialmente con persoas alérxicas.

 

O Concello da Laracha agasallará a todos os asistentes cunha trampa ecolóxica e un líquido atraínte para as avespas velutinas que é inocuo para o resto das especies, incluídas as nespras autóctonas e as abellas.

 

A participación será gratuíta para o público asistente e non se requirirá inscrición previa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress