Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 14 de marzo de 2019 | Leída 31 veces

Aberto o prazo para inscribirse no procedemento de selección dun animador cultural

De novo ingreso e como persoal laboral fixo. Trala publicación de hoxe no BOE, as instancias poderán presentarse desde mañá e ata o 11 de abril. As retribucións son as previstas na relación de postos de traballo...

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou onte a convocatoria do Concello da Laracha para prover unha praza de animador cultural de novo ingreso e como persoal laboral fixo.

 

Tras esta publicación no BOE, a partir de mañá ábrese un prazo de vinte días hábiles para que as persoas interesadas en participar no procedemento selectivo presenten a súa solicitude coa documentación requirida. Deberán facelo entre o 14 de marzo e o 11 de abril.

 

O sistema de selección será a oposición libre. As probas consistirán en tres exercicios, sendo o primeiro de tipo test, o segundo de preguntas curtas e o terceiro, o exame de coñecemento da lingua galega para os aspirantes que non acrediten estar en posesión do certificado Celga 3.

 

As bases poden consultarse ao completo no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña do 15 de febreiro de 2019.

 

Conforme ao previsto na relación de postos de traballo do Concello da Laracha, a retribución que corresponde será de 20.368,92 euros brutos anuais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress