Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 14 de marzo de 2019 | Leída 50 veces
NATACIÓN

Club Natación Arteixo no campionato de España infantil

Esta fin de semana celébrase o XXXIX Campionato de España Infantil de Natación. Durará dende o xoves 14 ata o domingo 17 e terá lugar na Piscina de 50 metros do Club Natación Santa Olaya, en Gijón…

[Img #47901]O Club Natación Arteixo participará neste campionato coa nadadora de 13 anos, Antía Gómez Taibo, que hai tres semanas participou en Ourense no Campionato Galego da súa categoría, evento onde colleitou moitos éxitos e realizou as marcas para asistir agora a Gijón.

 

Este evento constará de eliminatorias pola mañá e finais pola tarde, e Antía participará nun total de tres probas. Estrearase o venres co 200 costas, o sábado nadará 100 costas, e pechará a competición o domingo coa proba de 200 estilos.

 

Será un campionato con gran ambiente competitivo, xa que será o evento válido no que os nadadores de máis alto nivel tratarán de obter praza pàra participar nos FOJE (Festival Olímpico de la Juventud Europea). Este evento será unha gran experiencia para a nadadora do Arteixo, que non está máis que empezando a súa andadura neste nivel competitivo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress