Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 14 de marzo de 2019 | Leída 38 veces
ARTEIXO

Homenaxe a migración galega no Auditorio de Arteixo

O programa cultural de Marzo en verso venres tráenos este venres día 15 ás 20:45 h un espectáculo ambientado a principios do século XX onde a poesía e a canción van da man, nunha homenaxe a migración galega. Será no Auditorio do CCC de Arteixo...

[Img #47899]

 

“Un verso, Un cantar” é unha fusión poética e musical, de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Neira Vilas, e tantos outros que xa non están entre nós, pero que foron a nosa voz e memoria dende outras terras, ata autores dos nosos días, como Méndez Ferrín ou Manuel Rivas, que continúan esa labor de supervivencia da nosa cultura.

 

Á declamación poderosa e sentimental de Bruxo Queiman únese o delicado e penetrante canto de Andrea Pousa nunha lembranza a memoria de todas/os galegas/os que cruzaron o Atlántico para darnos un mellor futuro, deixando a súa Galicia atrás.

 

O espectáculo é con entrada, 4€ (3 € para menores de 12 anos, estudantes de ensinanzas homologadas e para maiores de 65 anos que o acrediten). A venda de entradas será o propio venres en horario de 11:30-13:30 ou 2 h antes da función.

 

Aquí deixo máis info sobre esta compañía galega: http://www.queimanepousa.com.es/queiman-e-pousa/

 

Marzo en verso rematará co 3º Festival de primavera, un recital poético de escritoras/es, alumnado e intérpretes musicais locais organizado e presentado por Alfredo Ferreiro o próximo venres 22.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress