Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 13 de marzo de 2019 | Leída 16 veces

Formalizados os contratos dos proxectos de mellora da rede viaria en seis parroquias

Afectan a Torás, Lendo, Cabovilaño, Golmar, Soutullo e Montemaior. As obras previstas comezarán nos próximos días. O investimento alcanza os 160.000 euros...

[Img #47893]O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López, o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, e o representante da empresa construtora Ponciano Nieto formalizaron –xunto á secretaria municipal- os contratos de mellora da rede viaria que afectan a seis parroquias do municipio. Tras este último trámite administrativo, as actuacións previstas comezarán a executarse nos próximos días.

 

Unha desas obras localízase no núcleo urbano da Laracha (parroquia de Torás). Consiste na renovación do pavimento na rúa Manuel Murguía, nun ámbito que alcanza os tres mil metros cadrados de superficie incluíndo tanto o espazo de circulación dos vehículos como as zonas de aparcamento. Contémplanse melloras na rede de recollida de augas pluviais e na sinalización horizontal e vertical.

 

Outra das actuacións sitúase entre A Xesteira (Lendo) e O Castro de Abaixo (Cabovilaño), onde será mellorada a superficie de rodadura da estrada municipal que comunica ambos núcleos.

 

Na parroquia de Golmar renovarase o pavimento de dúas vías no lugar de Fragoso, unha en San Cristovo e tamén a que comunica o lugar de O Regueiro con Gosende, xa na parroquia de Soutullo.

 

En Montemaior as obras localizaranse na estrada entre Cumiáns e O Igrexario, nunha vía en Santa Margarida e en dous camiños en O Penedo.

 

En total, entre todos os puntos de intervención mellorarase o pavimento e a seguridade viaria nunha lonxitude lineal próxima aos 5,5 quilómetros de estradas municipais.

 

O investimento total alcanza os 160.000 euros.

 

Por outra banda, o Concello da Laracha vén de rematar a execución doutra serie de obras de mellora da rede viaria municipal, con actuacións completadas nas estrada entre os núcleos de Condes e A Curuxeira (parroquia de Soandres), entre Buenos Aires e As Calzadas (Vilaño) e tamén no núcleo de Xermaña (Caión).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress