Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 13 de marzo de 2019 | Leída 61 veces

A cafetería do centro cívico de Arteixo leva medio ano pechada á espera de que o Concello licite a concesión

O PSOE pide celeridade ao Goberno local para que o establecemento volva a “dar servizo aos usuarios do centro cívico, ademais de favorecer a creación de postos de traballo a través do emprendimento”, afirma Martín Seco...

[Img #47892]A cafetería do centro cívico de Arteixo leva preto de medio ano pechada porque o Goberno local do PP non foi capaz de sacar adiante o concurso para a súa licitación. Desde o PSOE consideran que este é un novo exemplo do “colapso e a falta de xestión no departamento de Contratación”.

 

Recordan desde a formación política, que a última persoa en ter a concesión xubilouse, “algo que non é un imprevisto” máis cando dita concesión levaba tempo caducada, e o Goberno do PP non foi capaz de planificar un procedemento “sinxelo” que permitiría o relevo na xestión da cafetería.

 

O voceiro socialista, Martín Seco, incide en que “os usuarios do centro cívico perderon este servizo, así como as persoas que a diario percorren o paseo fluvial”. O portavoz do grupo local do PSOE pide “celeridade” ao Goberno local “non só para dar de novo este servizo, senón tamén para favorecer a creación de postos de traballo a través do emprendimento, xa que nun proceso aberto e en igualdade de condicións, calquera veciño ou veciña de Arteixo podería optar a esta concesión”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress