Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 12 de marzo de 2019 | Leída 27 veces

A secretaría xeral para o Deporte convoca de urxencia a Comisión Galega de Control da Violencia ante os incidentes ocorridos nas últimas datas

O secretario xeral para o Deporte advirte que a Xunta actuará “coa maior das contundencias na loita contra a lacra da violencia no ámbito do deporte, dentro e fóra do campo”...

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de convocar de urxencia á Comisión Galega de Controla da Violencia para o vindeiro venres 15 de marzo. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, reitera o compromiso da Xunta de Galicia “por un deporte sen violencia, así como pola maior das contundencias na loita contra esta lacra no ámbito do deporte, dentro e fóra do campo”. “Os que vulneran o principio esencial do deporte sen violencia deben saber que non quedarán impunes”, sentenciou.

 

Os últimos acontecementos acaecidos nesta fin de semana e a necesidade de que dea comezo a actividade da Comisión fan necesaria esta xuntanza de traballo na que se iniciará a instrución dos oportunos expedientes sancionadores pola eventual comisión das infraccións contidas na Lei do deporte (artigos 157 a 159), e que poden dar lugar ás sancións establecidas no artigo 160 da mesma Lei (sancións económicas, inhabilitacións ou prohibicións de acceso a recintos, así como peches, entre outras posibles).

 

A Comisión Galega de Control da Violencia foi constituída o 25 de setembro de 2018 como un órgano que dará cobertura e resposta as denuncias que se produzan no contexto da práctica de competicións oficiais deportivas de ámbito autonómico, provincial, zonal ou local, toda vez que a Comisión Estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte da cobertura ás competicións oficiais deportivas de ámbito estatal. Ata agora, a nivel autonómico, só o Comité Galego de Xustiza Deportiva podía actuar ante un incidente violento sempre que se producise unha denuncia, en vía de recurso ou apelación, dentro do exercicio da potestade disciplinaria deportiva.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress