Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 12 de marzo de 2019 | Leída 45 veces

O Noso Café, Café Bar Guadalupe e Manhattan Skyline, locais premiados na 5ª edición de a Laracha de tapas

O Noso Café foi o mellor valorado polo xurado profesional e Café Bar Guadalupe, o segundo. Manhattan Skyline leva o galardón do xurado popular. Os premios aos locais e tamén os regalos aos consumidores serán entregados nun acto que se celebrará o venres na Casa da Cultura...

[Img #47887]

 

A quinta edición do concurso A Laracha de tapas, desenvolvida do venres ao domingo baixo a organización do Concello, volveu ser un rotundo éxito de participación. Durante esas tres xornadas doce locais ofreceron elaboracións orixinais e de calidade ao prezo de 1,50 euros, que foron altamente valoradas polo público consumidor.

 

O xurado profesional do concurso estivo composto polos bloggers gastronómicos José Antonio Domínguez www.rutasyrestaurantes.com, María Pérez Patiño www.desayunacoruña.com e Juan Carlos Alonso www.gastronomiaenverso.es, que acordaron por unanimidade outorgar o primeiro premio –dotado con 300 euros- á Fajita O Noso do establecemento O Noso Café e o segundo premio -250 euros- ao Bocado Celta que propuxo o Café Bar Guadalupe.

 

En canto ao xurado popular, tras contabilizarse os 1.120 votos válidos recibidos por parte de consumidores que probaran canda menos tres tapas diferentes –para votar requírese o selo de tres establecementos-, a tapa mellor valorada foi a tosta de gulas con gambas e champiñóns de Manhattan Skyline. Neste caso o premio é de 200 euros.

 

Todas as persoas que emitiron o seu voto participaron no sorteo dos cincuenta regalos doados polos establecementos participantes e as empresas colaboradoras, que poden consultarse na web e nas redes sociais municipais. O acto de entrega dos premios aos locais e tamén dos agasallos aos consumidores que votaron terá lugar o próximo venres (15 de marzo) ás 20:00 horas na Casa da Cultura da Laracha.

 

Desde o Concello da Laracha mostramos a nosa satisfacción por alcanzar a quinta edición de A Laracha de tapas e consolidar este concurso como unha excelente oportunidade para dar un impulso ao sector comercial local e crear un escaparate para que os locais de hostalería da capital municipal poidan darse a coñecer e mostrar ao público a calidade tanto das súas creacións como do servizo que ofertan durante todo o ano.

 

O Noso Café este premio llo dedicamos a fundadora deste negocio é a Tia Rosa que nos deixarón semanas antes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress